ANPA

Ben-Cho-Shey


Aviso sobre actividades extraescolares da ANPA

Estimadas familias,

Vimos de comezar un novo curso, atípico e sen dubida marcado en tódalas súas facetas pola realidade que o Covid-19 nos está a deixar.

Neste sentido, e co fin de salvagardar a saúde dos nosos cativos, do profesorado e polo tanto das nosas familias,  dende a Anpa decidimos seguir, polo menos neste primeiro trimestre, a recomendación feita tanto pola Conselleria de Educación da Xunta de Galicia, como polo Ministerio de Educación, según a cal non é recomendable a realización de actividades extraescolares cando esto supoña mezclar grupos de convivencia estable.

Como sabedes dende o claustro de profesores estase a por todo o esforzo para que o colexio sexa un entorno seguro, sendo os grupos de convivencia estable ou burbulla unha das medidas adoptadas para diminuir o número de contactos, facilitar a labor de detección en caso de que aparezca algún caso positivo e minimizar posibles contaxios. Deste xeito os alumnos dun grupo burbulla relacionaranse só entre eles mentres estén no centro (aula, recreo, comedor, etc.)

Atendendo á natureza do noso centro resulta imposible, polo número de alumnos, respetar os grupos burbulla durante a realización das actividades extraescolares, e pareceríanos unha imprudencia que tódolo esforzo que está a levar a comunidade educativa se puxera en risco por este motivo.

Así pois entendemos que a postura máis responsable nestes momentos é a non realización das actividades extraescolares que a Anpa viña organizando cada ano dende o mes de outubro, polo menos durante o primero trimestre. Unha vez transcurridos estos primeros meses, e en función de cómo se vaian sucedendo os acontecimentos, valorarase a realización das mesmas, e por suposto manterémosvos informados.

Temos que por o foco no que en realidade é fundamental nestes momentos, a saúde de tod@s, e dende a Anpa queremos apoiar todas aquelas medidas que teñan como obxectivo facer do colexio un entorno seguro para @s nos@s fill@s

Recordade que estamos á vosa disposición para todo aquello que precisedes.

ENTRE TOD@S PODEMOS !!


Suspensión actividades extraescolares ANPA

Estimadas familias,

Ante todo esperamos que vos encontredes ben de saúde, que nos tempos que estamos a vivir é o máis importante.

Ante a situación actual,  dada a incerteza sobre a volta presencial ou non ás aulas no actual curso e tendo en conta que as actividades extraescolares que organiza a Anpa rematan como xa sabedes no mes de maio, dende a xunta directiva da Anpa decidimos dar por rematadas as actividades extraescolares no presente curso.

Como ben recordaredes, as actividades extraescolares foron suspendidas ao mesmo tempo que a actividade docente o pasado 13 de marzo, polo que na última quincena do trimestre non se impartiron as clases correspondentes, tendo a maioría das familias,  pagado o trimestre completo.

Por parte da Anpa existe o compromiso firme de non dar por perdido o importe correspondente ás actividades non realizadas na última quincena (este importe vai dende os 5.50€ ata os 9€ dependendo da actividade).

Unha vez valoradas tódalas posibilidades, cremos que a maneira máis práctica, e menos custosa para a Anpa (tendo en conta o gastos bancarios que se ocasionarán) sería deixar o importe a devolver para cada alumn@, pendente para descontar do pago das activades extraescolares ou cota de socios de cara ao seguinte curso.

Agora ben, entendemos que é o voso dereito pedirnos a devolución deste importe, (p.ex, no caso dos alumnos de sexto). Si é esa a vosa decisión, por favor cumprimentade o FORMULARIO que atoparedes á continuación,  só para aqueles que expresamente queirades o reembolso do importe correspondente ao medio mes das actividades non realizadas. A data tope para poder cumprimentar dito formulario é ata o 31 de maio.

En caso de non cumprimentar expresamente o formulario,  entenderemos que deixades o devandito importe para descontar no vindeiro curso, dende a Anpa temos controlada esa cantidade e informarémosvos debidamente chegado o momento.

FORMULARIO PARA A DEVOLUCIÓN OPCIONAL DO IMPORTE DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA (Só para aqueles que non queiran o desconto o curso que ven)

Tamén pode darse o caso de que alguén, por algún despiste, aínda non pagara as actividades do segundo trimestre, nese caso habería que ingresar o importe correspondente a dous meses e medio de clases, si tedes dúbida da cantidade que tedes que pagar, si estades nesta situación,  podedes consultalo por correo anpabenchoshey@yahoo.es

Sen máis, recibide unha gran aperta da nosa parte, transmitirvos moito ánimo e forza para seguir adiante, e dicirvos que esperamos poder estar pronto de volta para seguir colaborando coa comunidade educativa do Ben Cho na procura do obxectivo común polo que traballamos tod@s xunt@s: a mellor educación posible para @s nos@s fill@s. Recordarvos tamén, que seguimos estando en contacto a través de correo electrónico para todas aquedas dúbidas que podades ter.

Anpa CEIP Be-Cho-Shey


Comunicación sobre suspensión de extraescolares a partir do 13/03

Por mor da decisión da Xunta de suspender as clases nos centros educativos e non recomendar a asistencia dende mañá venres, a xunta directiva da Anpa Ben-Cho-Shey tomou a decisión de suspender todas as actividades extraescolares organizadas por esta entidade tamén a partir de mañá venres día 13. Mañá por tanto os pais e nais d@s neno@s que acudan ao cole deberán telo en conta para recollel@s.

Tómase esta decisión como medida preventiva ante o avance do coronavirus. Manteremosvos imformados do reinicio das mesmas.


ENTROIDO BEN-CHO-SHEY 2020

Empecemos a calentar motores para el Carnaval 2020! Este año la propuesta es el maravilloso CIRCUS Ben-Cho-Shey y necesitamos de vuestra colaboración para estar a la altura del premiado San Fermín 2019.

Abrimos el plazo de inscripción para participantes a través de este formulario, disponible desde hoy hasta el 12 de enero.

FORMULARIO INSCRIPCIÓN CARNAVAL BCHSH 2020

Es importante conocer la previsión de participantes para organizar los grupos de disfraces y que nos dé tiempo a todos a hacer un trabajo bonito e impactante!

ANOTAROS y convocaremos una reunión para los inscritos la semana del 13 de enero para intercambiar ideas y organizarnos.

Gracias por vuestra colaboración!!!!


Obradoiro de balde sobre a igualdade e o bo trato para alumnos/as do Ben-Cho-Shey

Sin título

Estimados pais e nais,

Como sabedes, a día de hoxe ainda existen actitudes pouco respectuosas entre as persoas.

As notas escolares son importantes, pero está demostrado que a calidade nas relacións personais marcan moitísimo a vida d@s nos@s fill@s. A fin de contas, somos seres sociais.

A Xunta de Galicia a través da Secretaría de Igualdade concedeu á ANPA Ben-Cho-Shey unha subvención para levar a cabo actividades dirixidas á boa convivencia familiar e á igualdade e respecto mutuo. Farase dun xeito dinámico e divertido.

O alumnado participante tamén fará unha breve representación teatral, poñendo en valor a temática do obradoiro.

Esta actividade realizarase dende o 8 de outubro ata o 26 de novembro, ambos inclusive os martes en horario de 16.00 a 17.00 horas, nun aula do colexio.

Imagen2


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2019/2020

Un novo ano Anpa BChSh organiza as actividades extraescolares. A oferta é a seguinte:

 

 

 

 

 

 

 

DURACIÓN: De Outubro de 2019 a Maio de 2020.

DISTRIBUCIÓN DOS GRUPOS farase en base ás idades e nivel do alumnado anotado, tentando que sexan o máis homoxéneos posibles. Número aconsellable de participantes por grupo para levar a cabo a actividade : 10 . En caso de non acadarse o grupo mínimo a actividade podería verse suspendida. En caso que o nº de alumnos anotados supere iste ratio, valoraríase a viabilidade do desdobramento do grupo co fin de manter a calidade na actividade ofertada, informando previamente á familia dos alumnos afectados polo desdobramento.

CUSTO DAS ACTIVIDADES:

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nos vindeiros días recibiredes información de como facerse socio da Anpa

PAGO DAS ACTIVIDADES

Será de forma trimestral (ó principio do trimestre), mediante o ingreso ou transferencia ó nº de conta da Anpa, informarase puntualmente a través de circular de cómo, cando e onde facelo.

INICIO DAS ACTIVIDADES: o vindeiro martes 1 de outubro.

INSCRICIÓNAQUÍflecha

data límite para inscribirse venres 20 de setembro .

Na semana do 23 de setembro confirmarase a cada alumno a través de circular nas mochilas o día e horario da actividade.

 

 

DESCRICIPCIÓN DAS ACTIVIDADES:

JUDO Porqué practicar judo? O judo é un deporte completo (desarrollo muscular armonioso, equilibrio psicolóxico e emocional e autocontrol), axuda á mellorar a confianza e seguridade (deporte olímpico, defensa persoal e autocontrol), priorizando o respeto, a educación, cortesía e amizade (mediante o traballo en grupo, desarrollo social, xogos e diversión). Profesorado: profesores especialistas titulados pola federeación galega de judo. Grupo mínimo: 15 alumnos. Duración 1,5 horas.

INGLÉS LÚDICO:  Potenciar o uso desta lingua estranxeira, traballando na mellora da comunicación oral,  acostumandose a escoitar e a perder o medo a falar en inglés, a través de xogos e acción cotiáns, sempre nun contexto lúdico. Profesorado: monitor nativo da academia Foreing Languages de Ourense (grupos dos luns) e profesora nativa (pendente por confirmar) para os grupos de martes e mércores. A distribución en grupos farase segundo as idades e/ou tentando manter os grupos dos anos anteriores.

MÚSICA E MOVEMENTO:  Favorecer a intelixencia musical. Ofrecer coñecementos elementais que fagan posible o seu desenvolvemento.  Educación do oído (recoñecer disitintos estilos de música), educación da voz (entonación, respiración, etc.) , educación dos movementos do corpo (ritmo e armonía, expresión corporal ,etc.), recoñecemento dos instrumentos musicais, memorización de cancións infantís. Actividade orientada a alumnos de infantil de 3 a 5 anos. Profesorado: Academia Kontrapunto.

LINGUAXE MUSICAL: Continuidade da actividade de música e movemento, orientada a alumnos de 6 anos en adiante, coa que se pretende asentar as bases da linguaxe musical. Empezar a ler a música, as partituras. Esta actividade posibilitará que o alumnado se inicie nun instrumento no curso seguinte (frauta doce). Esta actividade desdobrarase en Iniciación ao Linguxe Musica, e Linguaxe Musical propiamente dito, para diferenciar dous niveis en función da idade e a experiencia en anos anteriores na mesma actividade que teña o alumnado inscrito  Profesorado: Academia Kontrapunto.

PATINAXE ARTÍSTICA EN LIÑAAprender a técnica do patinaxe EN LIÑA, e poder combinala coa realización de coreografías e coa expresión corporal enriba de patins.  Profesorado: ESCOLA DE PATINAXE EN LIÑA ROLLER OURENSE. A inscripción nesta actividade implica ter os mesmos beneficios que calquera dos inscritos na escola Roller Ourense (rutas e actividades mensuales gratuitas para os inscritos, saídas e excursións cun baixo coste para os inscritos, etc, visitar http://www.rollerourense.es). Haberá dúas monitoras que atenderán a cada un dos dous grupos diferenciados por idades/nivel. Esta actividade ten unha duración de 1.15 hr, e unha matricula anual obrigatoria de 15€ . Si tedes que comprar patíns, non o fagades ata recibir información máis específica que se enviará xunto a circular de confirmación da actividade.

BAILE MODERNO: Traballar ao ritmo, a coordinación e a expresión corporal ao son da música e distintas coreografias.  Recoñecemento do propio corpo mediante a mellora da psicomotricidade. Profesorado: Academia de Baile Sabrosura.

EXPRESIÓN ARTÍSTICADesenvolvemento das capacidades artísticas do alumnado en cada un dos seguintes bloques: PINTURA empregando distintas técnicas pictóricas e soportes, ESCULTURA E MODELADO (traballo da percepción tridimensional mediante o modelado con barro, pasta de papel, plastilina, cartón …), GRANDES FORMATOS (manexo de grandes formatos: murais, carteleiría de gran tamaño ….).   Profesorado: Profesora licenciada en Belas Artes, con ampla experiencia no traballo con nen@s.  Esta actividade terá unha duración de 1.30 hr.

NATACIÓN INICIACIÓN/PERFECCIONAMENTO: Actividade dirixida por un lado ao alumnado que ainda non sabe nadar, e por otro a aqueles que sabendo nadar quieran melloras a súa técnica e habilidade no medio acuático. Os grupos de iniciación e perfeccionamento son á mesma hora e a clasificación farase segun a experiencia d@s nen@s. Profesorado: Monitores de natación da piscina do colexio Miraflores. Lugar: Piscina do colexio Miraflores. Grupo mínimo: 10 alumnos.

TEATRO PRIMARIAO taller consistirá nun achegamento ao teatro. Mediante a expresión corporal coñeceremos mellor o noso corpo e como utilizalo. Iniciaremonos
nalgunhas técnicas de voz para conseguidicir mellor. A improvisación
axudaranos a ter máis seguridade de nós mesmos. xogo teatral estará
sempre presente para fomentar a confianza e o respeto do grupo. Todas as
técnicas traballadas servirán aos alumnos para o desenrolo da sua
personalidade no seu día a día. A final do curso se realizaría, se fora posible, unha mostra do traballo realizado durante o curso. Grupo mínimo: 10 alumnos.


Axudas Xunta 2019: Campamentos e STEMweek.

Publicamos algunhas axudas que poden ser do voso interese:

Campamentos Xunta 2019

Publicouse Diario Oficial de Galicia a ORDE  pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2019.

Poderán participar as mozas e mozos a partir dos 9 anos e ata os 30. O prazo está aberto ata o vindeiro 7 de maio, incluído.  Toda a información estará dispoñible na páxina web de Xuventude.

 

Axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek. 

Dirixidas a alumnado de 3º e 4º da ESO.

Orde do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27601

O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.


El Rio Ourense Termal sella un acuerdo de colaboración con FAPA Ourense

 Entrada para adulto durante 3 partidos + invitación infantil para cada uno de esos partidos: ¡solo 20€!

Este jueves, el Rio Ourense Termal ha firmado un acuerdo de colaboración con la Federación de AMPAs públicas de Ourense (FAPA Ourense) mediante el cual ambas entidades pretenden unir deporte y alimentación saludable para el beneficio de las familias y colegios de nuestra provincia que forman parte de la asociación.

El acuerdo, que estará vigente tanto para esta temporada 2018-19 como para el curso 2019-20, prevé una gran oferta para todas las familias miembros del AMPA, que podrán gozar de dos ofertas para asistir a los partidos del Rio Ourense Termal con grandes descuentos:

20€: dará derecho a la asistencia a tres partidos por parte de un adulto + una invitación infantil por partido.
Con esta firma, que une a una asociación referente de la infancia y a uno de los clubes deportivos principales de la provincia, se busca la unión de los valores positivos de alimentación saludable y deporte, refrendando en factores comunes de ambas ramas como la deportividad, el compañerismo, el respeto, la tolerancia o la importancia que comer variado y equilibrado tiene tanto para jóvenes como para deportistas.

Sin embargo, no es el único factor común entre FAPA Ourense y el Rio Ourense Termal, pues mientras la Federación de AMPA apuesta por el desarrollo sostenible y el consumo de productos locales, provinciales y autonómicos por encima de foráneos, el patrocinador principal de nuestro club es Rio, una marca reconocida a nivel internacional y que tiene su base en Galicia.

En definitiva, la conclusión es clara: si quieres disfrutar del espectáculo del baloncesto y eres miembro de las AMPAs de la provincia de Ourense, no debes dejar de aprovecharte de nuestra oferta. Los valores de FAPA Ourense y Rio Ourense Termal así lo muestran, y el disfrute en el Pazo Paco Paz te espera.

 


VOTACIÓN XORNADA ÚNICA 27 FEB

Estimadas familias,

desde a ANPA queremos animarvos a todas as familias a organizarvos para acudir o 27 de febreiro a votar pola implantación da xornada única no noso Centro.

A información sobre as vantaxes desta xornada téndelas nos seguintes enlaces:

Ademais:

  • REUNIÓN INFORMATIVA o 20 de febreiro ás 19:30 no salón de actos do Colexio
  • CORREO ELECTRÓNICO anpabenchoshey@yahoo.es a través do cal o equipo directivo da ANPA está disposto a responder a todas as vosas dúbidas

Lembrade: Non ir votar significa votar NON

por tanto é moi importante que acudades un só membro de cada familia censada no centro a votar o día 27 de febreiro, en horario continuo de 8:30 a 20:00 e expresedes directamente a vosa opinión.

 


ENTROIDO 2019: Os San Fermines do BenTXo!!!!!

kukuxumusu-sanfermin

O Entroido xa está á volta da esquina, e queremos volver a repetir a experiencia e participar en familia no desfile de Ourense e no do Pereiro, representando ao Ben-Cho-Shey, e si cadra, de paso, gañar algún premio .

O desfile en Pereiro será o sábado 2 de marzo, e o de Ourense, o vindeiro domingo 3 de marzo.

Imos organizar os tempos da seguinte forma:

Ata o mércores 30 de xaneiro: inscripción dos interesad@s en formar parte da comparsa.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN Á COMPARSA

 

Xoves 31 de xaneiro ás 18.00 hr reunión no salón de actos para a organización dos grupos de traballo (carroza, vestiario, etc.) Necesitamos da implicación de tod@s aquel@s que teñades disponibilidade para axudar, para repartirnos o traballo.

Este ano a troula está máis que asegurada, porque …. Imonos de San Fermines!!!!!

Unha comparsa moi festeria para pásalo ben, gastando moi pouquiños cartos e cun disfraz con moi pouco traballo!!!!! Así que NON HAI EXCUSA!!! Este ano TOD@S a participar no entroido!!!!