ANPA

Ben-Cho-Shey


PLAN DIRECTOR

Estimadas familias,

Este ano, desde a ANPA, solicitouse, fau uns meses, a posibilidade dunhas charlas impartidas PARA as familias desde o PLAN DIRECTOR.

Podedes ver nesta carta que nos foi remitida polo Delegado do Goberno en Galicia, a importancia de tratar os temas de Igualdade, convivencia e seguridade nos centros educativos e nos diferentes ámbitos da vida.

Estas charlas están moi relacionado coas Actividades do Plan de Igualdade 2023 que tiveron lugar ao inicio do curso, no nos cole en todas as etapas tanto de infantil como de primaria, tamén solicitadas a través da ANPA.

Por todo isto, invitámosvos a acudir a esta charla, impartida pola Garda Civil:

Día: Mércores 24 de abril

Hora: 17:30

Lugar: Salón de Actos do CEIP Ben-Cho-Shey

Agardámosvos a todos, porque unha boa convivencia é cousa de TODOS e TODAS!!!

Un saúdo.


Contestación ao noso escrito na problemática dos buses escolares

Estimadas familia.

A principios deste curso fixémonos eco da problemática que tiña que ver cos retraso continuados dalgúns dos autobuses que recollían ao alumnado á saída do colexio.

Desde a Anpa redactamos un escrito que foi enviado á Consellería de Infraestructura e Mobilidade no mes de outubro do 2023 solicitando se buscase unha solución a este problema. Podedes ver o escrito neste enlace.

No día de hoxe, a Consellería e despois de 4 meses agardando unha resposta, contestou ao noso escrito. Podedes velo aqui embaixo.

Un saúdo familias.


Entroido 2024. O Afastado Bencho.

Estimadas familias:

Desde a Anpa do Bencho, queremos agradecervos a todas e todos, socios e non socios, nenas e nenos, Vaqueirxs, Indixs, Ricxs, Llaneiros non tan solitarios, colonxs, Sheriff, Bandoleirxs, Xudas, as do Can-Can, os cabalos (pinchados e sen pinchar) a Paco o conductor etc… que fixechedes posible esta marabillosa aventura do Lonxano Oeste e o Afastado Bencho.

Tamén dar as grazas a todos e todas as empresas que colaboraron co nós, ao Concello do Pereiro e ás encantadoras donas desa xigantesca nave que deu acubillo a nosa caseta do Oeste.

Aqui vós deixamos unhas fotos dos 3 desfiles aos que fumos a disfrutar (e en dous deles a gañar algún que outro premio)…e si nos esquecemos de dárlle as grazas a alguén, que non o tome a mal…é un despiste. Vémonos o ano que vén con máis e mellor, seguro!!!!

Grazas outras mil veces por estes bonitas lembranzas que levamos!!!!


Pista de xeo. CC. Ponte Vella.

Estimadas familias.

A pista de xeo situada no CC. Ponte Vella dános a posibilidade de pasar 1 h de maneira gratuíta nas súas instalacións.

Día: 15 de xaneiro do 2024

Hora: Desde ás 16:00 ata ás 17:00 ( para uso exclusivo dos/as socios/as da ANPA do Bencho). Non tendes porque entrar ás 16:00 en punto nin estar ata ás 17:00. É IMPORTANTE librar ás intalacións un chisco antes das 17:00, xa que despois abren ao público en xeral.

Número de plazas: 30 por orde de inscrición

Lean atentamente todo o que vén a continuación:

Poderán asistir todos os nenos e nenas socios da ANPA ata completar aforo.

Os nenos e nenas deberán ir acompañados por un adulto en todo momento. A ANPA NON SE FARÁ RESPONSABLE.

Os adultos poderán entrar na pista de xeo gratuitamente ou vixiar desde fóra mentres os nenos/as patinan.

Para os/as máis cativos/as haberá a súa disposición unhas foquiñas tamén gratuítas.

É importante que todos os que se animen a entrar na pista leven:

  • Luvas
  • Manga longa
  • Pantalón longo

Para poder asistir ese día, deberedes completar un formulario que deixamos a continuación. Recibiredes un correo de confirmación. O formulario pecharase en canto se completen o aforo.

O día 15 deberedes ensinar o carné de socio da ANPA.


Acción teatral. Nadal 2023.

Estimadas familias.

Temos o gran orgullo de presentárvos a Acción teatral levada a cabo polos nenos e nenas da aula de teatro da extraescolar da Anpa.

Dirixida pola marabillosa Lele e representada por algúns nenos e nenas de 5° e 6°de infantil e de 1° de primaria.

Agardamos que o disfrutedes tanto como as familias e amigos/as que aí estábamos….

A continuación podedes ver a pequena acción.


Ampliación do CEIP Ben-Cho-Shey

Estimadas familias.

En resposta das últimas publicacións sobre a ampliación do noso centro escolar “CEIP. Ben-
cho-shey” e sobre a implantación da ESO queremos manifestar desde a ANPA:
Un AGRADECEMENTO a todas as FAMILIAS, que son un gran apoio para nós nos procesos
realizados durante estes anos. Lembrar que foron tanto encontros co Concello, como co noso
Centro escolar e incluso os escritos feitos a Xunta para un gran logro desta índole.
O que queremos resaltar é que unha EDUCACIÓN de CALIDADE comeza cun gran equipo como
é a nosa COMUNIDADE EDUCATIVA. Por este motivo, consideramos que unidos podemos
lograr grandes avances e loitar polos nosos dereitos e os dos nosos/as fillos/as.
Sempre a vosa disposición.

Saúdos.


Formulario para os difraces do entroido

Estimadas familias…..

Xa cheira a entroido, e a Nadal tamén.

Deixámosvos por aqui o formulario para cubrir cas vosas escollas de disfraces. Pero antes 3 apuntamentos moi importantes:

  • O grupo de indios e indias quedou pechado xa na reunión informativa do luns 4 de decembro. Só poderán escoller aqueles que se apuntaron ese día.
  • Os disfraces de cabalo adulto e cabalo neno/a queda pendente dos proveedores. Non prometemos que os poidan librar a tempo.
  • Algúns disfraces redondeáronse nuns centímos para facilitar o pago.

Familias. Escollan ben e miren ben as tallas. Calquera dúbida podedes poñervos en contacto coa ANPA desde aqui


ENTROIDO 2024

Estimadas familias.

Comeza a conta atrás para o Entroido 2024. Este ano queremos desfilar na mellor comparsa do mundo mundial e queremos que todas e todos os que estedes interesadas/os poidades facelo tamén.

Para iso, deixamos un formulario que teredes que cubrir para anotárvos e deste xeito poidamos comezarcanto antes a prepara unha das mellores festas do ano.

  • O prazo de inscrición é ata o día 30 de novembro.
  • Poden apuntarse socios e non socios.
  • Os NON SOCIOS aboaran 3Euros por persona en concepto de colaboración para a axuda da merca e alquiler de diferentes materiais necesarios para a posta en marcha da comparsa.
  • En decembro convocarase unha reunión para comezar xa cos preparativos dos disfraces, carroza…
  • A temática escollida para este ano é a de INDIOS e VAQUEIROS.

Estades listo para esta nova aventura??? Contamos con vós!!

A partir do 30 de novembro, si estades interesados en participar no desfile podedes pórvos en contacto coa ANPA a trav3s do seu mail. anpabenchoshey@yahoo.es.


Ampliación do cole

Estimadas familias.

Como sabedes desde fai un tempo o noso querido cole faíse pequeno. Por iso e despois de falar ca directiva do centro e porque a ANPA somos todos e queremos o mellor para todos/as nenos/as do CEIP Ben-Cho-Shey.

Hoxe presentamos na Consellería de Educación unha reclamación para que se leve a cabo unha amplición das nosas instalacións.

Aqui vos deixamos o escrito que foi entregado.

Por todos/as e para todos/as. Un saúdo familias.


Actividades Plan de Igualdade 2023

“NO BENCHO TODOS SOMOS IGUAIS”

Estimadas familias.

Mañá dará comezo no Ben-Cho-Shey o proxecto de igualdade “No Bencho todxs somos iguais” que se vén realizando os últimos anos. Unha actividade coordinada pola Anpa e subvencionada e aprobada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, que se fará en horario lectivo para todo o alumnado nas seguintes datas.

  • Contos vellos, novos finais. Trastenda do conto. Día 18 de outubro. Para Infantil e 1ºde Primaria.
  • Obradoiro música pola igualdade. Día 24 de outubro. Para 2º e 3º de Primaria.
  • Que farías ti no meu lugar? Xogo de rol. Día 25 de outubro. Para 6º de Primaria.
  • Quen ten unha amizade ten un tesouro. Día 27 de outubro. Para 4º, 5º e 6º de Primaria.
  • Ciberbulling con perspectiva de xénero. Datas por concretar.

Un saúdo familias.


Reclamación no retraso de autobuses escolares

Desde ANPA do Ben-Cho-shey, queremos apoiar e axudar en todo o posible no día a día da nosa escola e no seu bo funcionamento.

Por isa razón, queremos apoiar ao centro na súa petición sobre a necesidade de que os autobuses escolares que recollen ao alumnado todos os días á saída do colexio sexa o mellor posible e cumpla en puntualidade e bo servizo.

E por iso que a ANPA, únese cun escrito dirixido á Consellería de infraestructura e mobilidade para que os buses sexan puntuais e os nenos e nenas poida voltar a súa casa sen ter que agardar máis de 15 minutos despois da súa xornada escolar a que o bus que os leva chegue ás instalacións escolares.


Venta de chándal da ANPA (2023-2024)

Boas familias.

Voltamos coa proposta chandal. Temos novo stock e sabemos que moitos e moitas de vós tendes moitas ganas de facervos cun dos nosos super chándals.

Para conseguir un só tendes que cubrir o formulario que vos deixamos a continuación.

Dúas aclaracións antes de comezar o voso encargo:

  • Tallas:

Si dubidades da tallaxe non vos preocupedes porque poderedes cambialo sen ningún problema

  • Pagos e recollidas

– Este anos poderedes recoller o voso chándal o martes 19/09 ás 16:00 no stand da ANPA e pagalo in situ.

– Ou poderes pedirnos que llo metamos na mochila no/a neno/a e pagar por BIZUM.

*Como pagamos por BIZUM? Moi fácil, teredes que facer o ingreso ao 645443702 poñendo NOME e CURSO do neno/a

FORMULARIO Chándal