A directiva da ANPA quere mostar a súa gratitude a todos aqueles pais que se fixeron socios e contribuiron económicamente coa cuota correspondente. Esta pequena aportación ten gran importancia para seguir a diante cos proxectos xa iniciados e mellorar, se cabe, todas aquelas actividades promovidas pola ANPA
¿Que é a ANPA? A ANPA agrupa os pais ou titores legais do alumnado matriculado no centro para a consecución de determinados fins e obxectivos, formado por un grupo de nais e pais que, dentro das súas posibilidades e desinteresadamente, queremos participar na educación dos nosos fillos coa ilusión de traballar na defensa e mellora da calidade do ensino público.
A nosa ANPA está formada pola
Xunta Directiva e polos Socios
¿Que facemos? A Xunta Directiva da ANPA achega iniciativas ao colexio e transmite as inquietudes das nais e pais ao equipo directivo do centro, ao Concello e a Xunta de Galicia. Ademais, a ANPA, serve de vínculo entre pais, e os seus representantes no Consello Escolar co obxecto de trasladar aquelas cuestións de interese que vaian xurdindo ao longo do curso.
¿Que vantaxes ten ser socio da ANPA? Ademais de participar achegando ideas e suxestións, ser socio da ANPA permíteche inscribir os teus fillos en calquera dos servizos e actividades ofertados, dispoñer no colexio de colaboradoras que atendan ao alumnado no comedor, dispoñer dun seguro de accidentes…
Insistimos unha vez máis na necesidade de seguir contando coa axuda de todos vos para seguir adiante cos proxectos xa iniciados, e poder emprender outros novos co fin de mellorar a calidade das actividades que dende a ANPA estanse e preténdense levar a cabo.
ANPA CEIP BEN-CHO-SHEYUna vez máis agradecemos a vosa axuda e participación
