QUERIDAS FAMILIAS.
Convocamos a todas as familias socias da Anpa a unha reunión o día 7 de xuño ás 19:00 para tratar varios temas da asociación.
Agradámosvos ese día no salón de actos do CEIP Ben-Cho-Shey.
Un saúdo.
QUERIDAS FAMILIAS.
Convocamos a todas as familias socias da Anpa a unha reunión o día 7 de xuño ás 19:00 para tratar varios temas da asociación.
Agradámosvos ese día no salón de actos do CEIP Ben-Cho-Shey.
Un saúdo.
Boas familias!!
O día 30 de marzo agardámosvos no FESTIVAL da PRIMAVERA organizada pola Anpa do Benchoshey
Temos todo preparado para pasar unha tarde incrible:
A entrada será de balde para @s soci@s e 5€ para @s non soci@s.
#benchomola#festadaprimavera
Estimadas familias.
Co gallo das Xornadas Portas Abertas no noso CEIP. Desde a ANPA, queremos facer chegar a todas as familias interesadas en matricular aos cativos/as, das actividades que se levan a cabo ao longo de todo ano a través da ANPA Benchoshey.
Este ano contamos con actividades como Scrapbook, Danza Contemporánea, Inglés, Natación e Teatro. Todas elas, exceptuando natación, teñen lugar no recinto escolar ao remate do comedor.
Neste curso, xa tivo lugar un taller de robótica e programación gratuíto para o alumnado de primaria. Temos pendentes algunhas que outras sorpresiñas no que resta de ano escolar.
Por medio deste servizo, dirixido ás familias socias, tentamos facilitar a entrada d@ nen@ ao cole e axudar na conciliación das familias.
Desde a ANPA levamos varios anos xestionando a subvención, para que tod@ o alumnado poida ter acceso a estás xornadas. As aulas informativas desenvólvense dentro do horario escolar.
Festas de Nadal e de fin de curso, concursos para o Samaín, Nadal, Entroido…
_________________________________________________________________________________________________________
Apuntaste á diversión?
Dende a ANPA queremos facer que o alumnado de primaria se divirta ao mesmo tempo que aprende coñecementos técnicos e de programación. Para iso, organizamos esta actividade que cremos que será de interese para o/s noso/as socio/as e que terá lugar no CEIP Ben-Cho-Shey.
Número de vagas: 35 por orde de inscrición.
Para formalizar a inscrición é preciso cubrir o seguinte formulario:
_________________________________________________________________________________________________________
AVISO: Por favor, as familias que veñan ver as actuacións de extraescolares, non acudan ó recinto de aparcamento, nin ó centro ata as 16:15, pola seguridade dxs nenxs que van no bus escolar. Moitas gracias.
Voltamos a compartir a información coa data xa modificada. Animádevos a participar!!! Só tedes que cubir o formulario que aparece ó final da publicación.
PARA INSCRIBIRTE PREME NO SEGUINTE FORMULARIO. RECORDA SELECCIONAR: 01 decembro. ANPA CEIP BEN-CHO-SHEY (O PEREIRO DE AGUIAR). 16h.
Hoxe 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, dende a ANPA Ben Cho Shey, queremos apoiar a loita das mulleres contra a violencia que desgraciadamente segue presente. Preferiríamos non ter que celebrar este día, pero mentres a problemática siga latente teremos que seguir loitando.
Voltamos a compartir este vídeo do ano pasado xa que, por desgracia, seguimos igual.
Recordade, ademáis, que hoxe pola tarde ás 18.30 haberá un ESPECTÁCULO no salón de actos. Agardámosvos!!!