ANPA

Ben-Cho-Shey

RAZÓNS para pertencer

  1. Porque TODOS somos necesarios para mellorar a calidade de vida dos nosos fillos.
  2. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos.
  3. Porque se os pais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos… ¿por quen o faremos?
  4. Porque se os pais non somos activos e participativos os nosos fillos recollerán o noso mal exemplo para día de mañá e non serán persoas implicadas nunha sociedade.
  5. Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
  6. Porque un movemento de pais agrupados fai que as iniciativas e peticións sexan vistos con maior respecto por administracións públicas,  profesorado, sociedade, etc.
  7. Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do Centro Escolar.
  8. Para defender os intereses de todos, non os individuais.
  9. Porque para realizar a formación activa dos pais é necesario unir esforzos e ideas.
  10. Porque as ANPAs deben traballar pola integración no seu entorno, facendo uso das instalacións do Centro Educativo.

Participar é un dereito pero tamén é un deber social

Advertisements