ANPA

Ben-Cho-Shey


Proxecto Construíndo Igualdade

Estimadas familias. Como sabedes, nestes meses estamos levando a cabo no noso cole, o proxecto “Construíndo Igualdade“, unha actividade coordinada pola Anpa e subvencionada e aprobada pola Secretaría de igualdade da Xunta de Galicia, que se realiza en horario lectivo para todo o alumnado do Ben-Cho-Shey.

Está semana, tócalle o turno ás crianzas máis pequena (4º, 5º e 6º de educación infantil) e aos primeiros cursos de primaria (1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria). Os obradoiros serán impartidos por Hadriana Ordóñez, psicóloga e sexóloga.

Para as meniñas e meniños de infantil a actividade desenvolverase en 3 obradoiros:

  • Obradorio 1: Como son as sexualidades dos nenos e nenas?
  • Obradorio 2: Como se nomea o noso corpo? Para que serve?
  • Obradorio 3: Como relacionarnos co noso corpo a través dos sentidos para que nos guste? que facemos co que non nos gusta?

Para o alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de primaria a actividade terá lugar ao longo de 4 obradoiros:

  • Obradoiro 1: ¿Como son as sexualidades dos nenos e nenas?
  • Obradoiro 2: Que é o que eu si quero saber?
  • Obradoiro 3: Como facemos para saber que unha persoa adulta está abusando sexualmente de nós como menores?
  • Obradoiro 4: Como podemos saber que alguén igual a nós nos está tratando dunha forma agresiva/abusiva e nos fai sentir menos?


ESCOLA AFECTIVO SEXUAL PARA FAMILIAS

Estimadas familias,

Tal e como vos contamos na reunión da ANPA, estamos levando a cabo o proxecto “CONPROMETÉMOMOS COA IGUALDADE NO CEIP BEN-CHO-SHEY”, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

A escola consistirá en 2 sesións online (vía zoom), en horario non lectivo, de 2 horas cada unha.

Obradoiro 1 (luns 24 de outrubro ás 19:00h) . Como sei eu que sexualidade ensinarlle ás miña crianzas?, que necesita saber?, que medos teño eu?
Nesta actividade falaremos de como entendemos nós que é a sexualidade infantil, de como os medos que temos as persoas adultas determina/condiciona a actitude ante a sexualidade das propias crianzas e que ferramentas podo ter eu como familia para aprender e acompañar.

• Obradoiro 2 (Data por confirmar) . Como acompañar eu á miña crianza para protexela de que sexa abusada sexualmente?, que si podo facer?
Nesta actividade introduciremos ás familias na temática do abuso sexual/violencia sexual infantil. A través dos libros, farémoslles pensar en como se manifesta a violencia sexual nos nenos e nenas de cara a que primeiro de todo saiban que ocorre e segundo que é lóxico que non vexamos como ocorre. Aportaremos ferramentas esenciais para que si desexen, maila que doa, saber un pouco máis sobre este tema tan arduo.

✓ Destinatarias: familias de alumnxs do CEIP Ben-Cho-Shey.
✓ Organizadoras: Xunta directiva da ANPA (responsable) e Hadriana Ordoñez, PSICÓLOGA, SEXÓLOGA, ESPECIALISTA EN VIOLENCIA SEXUAL COLX. 4266-G.

O día anterior á actividade, enviarase a todalas persoas anotadas, por e-mail, o enlace á reunión de zoom.

Inscripción aberta para o primeiro obradoiro, cubrindo o seguinte formulario:


PROXECTO CONSTRUÍNDO IGUALDADE

Pronto dará comezo no Ben-Cho-Shey o proxecto de igualdade que se ven realizando os últimos anos. Unha actividade coordinada pola Anpa e subvencionada e aprobada pola Secretaría de igualdade da Xunta de Galicia, que se fará en horario lectivo os días 17, 19 e 26 de outubro.
Actividades propostas e que levará a cabo María Victoria Canosa, licenciada en psicoloxía e formada en temas de igualdade, violencia de xénero e educación emocional.

Este sería un resumo das dúas actividades que se van facer a través do proxecto de construindo igualdade, con 5º e 6º de EP:

SOBREVIVINDO NUNHA ILLA DESERTA.

Sobrevivir nunha illa deserta necesita de tomar boas decisións e contar con todo o equipo. Monopolizar conversas, impoñer o noso criterio, non escoitar ás outras personas, menosprezar outras opinión diferentes,… son actitudes que non interesan.

A través deste xogo, faremos que nenos e nenas sexan máis conscentes delo e que se saiban importantes nisto de construir igualdade e relacións respectuosas. Ao final faremos propostas reais de boas prácticas para acadar esa igualdade para todas as persoas, empezando polos compañeiros e compañeiras.

WIKIPEDIA DA IGUALDADE

Faremos a nosa propia Wikipedia da igualdade para coñecer conceptos importantes: feminismo, machismo, corresponsabilidade, fracaso escolar, roles de xénero, micromachismos… Sensibilizarémonos con eles a través de coñecer outras realidades menos privilexiadas que a nosa, pondo en valor a educación e a igualdade de dereitos.
#benchomola #construindoigualdade


ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022/2023

Un novo ano Anpa BChSh organiza as actividades extraescolares. A oferta é a seguinte:

INICIO DAS ACTIVIDADES: o vindeiro luns 3 de outubro.

INSCRICIÓNS: AQUÍ

DATA LÍMITE para inscribirse venres 23 de setembro 

Na semana do 26 de setembro confirmarase a cada alumn@ a través de circular nas mochilas o día e horario da actividade.

DURACIÓN DAS ACTIVIDADES: De Outubro de 2022 a Xuño de 2023.

GRUPOS: os grupos mínimos están indicados na descrición de cada actividade. En caso de non acadarse o grupo mínimo a actividade podería verse suspendida previo aviso

PAGO DAS ACTIVIDADES

Será de forma trimestral (ó principio do trimestre), mediante o ingreso ou transferencia ó nº de conta da Anpa, informarase puntualmente a través de circular ou correo electrónico de cando facelo.

No caso de non encontrar 


Obradoiros para Xuño no Ben-Cho-Shey

Como sabedes, en xuño xa non hai actividades extraescolares, pero a ANPA lanza 3 talleres diferentes e creativos para gozar os últimos días de cole. Anótate ao que máis che guste!! (Tes ata o 18 de maio e as prazas son limitadas)

– Taller Risoterapia: para nais/pais e nenos, actividade en familia. Actividade para desconectar e liberarche rindo, toda unha terapia.

– Taller Lettering: taller de caligrafía onde aprenderás usar unha serie de útiles de escritura e técnicas básicas de lettering e composición para dar personalidade aos teus textos.

– Taller Scrapbooking: Fabrica un precioso, vistoso e divertido álbum de fotos para as vacacións.

PREZOS E HORARIOS

Só se levarán a cabo os talleres no caso de que se cubra o mínimo de alumn@s: Risoterapia mín. 10 alumn@s, Lettering mín. 9 alumn@ y Scrapbooking mín. 8 alumn@s.

DESCRIPCIÓN

Taller Scrapbooking

INSCRICIÓNS

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: 18 de MAIO!!

INSCRICIÓN RISOTERAPIA (facer 1 inscrición por asistente)

INSCRICIÓN LETTERING (facer 1 inscrición por asistente)

INSCRICIÓN SCRAPBOOKING (facer 1 inscrición por asistente)


Concurso deseño LOGO ANPA

Buscamos o novo logo da ANPA!!!!

A Anpa lanza un concurso dirixido a todos os nenos e nenas socios, para que propoñan os seus deseños de cómo lles gustaría que fose o logo da Asociación nos vindeiros anos.

A imaxe gañadora utilizaráse en toda a difusión e os materias asociados que poidan xerarse (publicacións, chandal, etc…)

Por suposto haberá un premio ao deseño gañador de 50€ para gastar nunha tenda de deportes local.

O prazo está aberto desde hoxe ata o 8 de maio.

Descarga aquí as bases e leas atentamente para saber os detalles de cómo participar.


Cuotas soci@s ANPA curso 2021-2022

IBAN ES39 3070 0043 0663 0436 0529

CONCEPTO DE INGRESO : NOME E APELIDO D@ NEN@-CURSO E DATA NACEMENTO D@ NEN@

(IMPRESCINDIBLE INDICAR DATA NACEMENTO PARA A ALTA NO SEGURO DE ACCIDENTES)

EXEMPLO CONCEP TO : MARIA SUAREZ– 5ºEP – 22/06/11

Tamén podedes enviar a información da data de nacemento a través do correo anpabenchoshey@yahoo.es xunto co xustificante da transferencia

A cuota inclúe seguro de accidentes ANUAL para @s nen@s socios que cubre: período lectivo, extraescolares e ciberbullying


Invitación á exposición de traballos d@s alumn@s- Pacto polo BO TRATO

Estimad@s pais/nais

Como xa vos anunciamos este mes leváronse varias actividades nas clases do cole no marco do Proxecto “Pacto polo bo trato e a Igualdade”, organizado pola ANPA e subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia.

  • Obradoiros polo BO TRATO nos cursos de primaria. 2 sesións por curso co obxectivo de crear o espazo e condicións para que o alumnado reflexionen en grupo sobre o bo trato e a súa importancia, identificando condutas concretas para poñelo en práctica.

  • Contacontos para o BO TRATO nos cursos de Infantil: representación dun conto motivador do bo trato, do cal logo cada nenx fixo un debuxo ou creación.

O próximo mércores 10 ás 17h nos soportáis do cole a coordinadora destas actividades expondrá os traballos realizadose polos vos@s nen@s e contaravos os resultados da actividade.

TODAS AS FAMILIAS ESÁN INVITADAS

INSCRÍBETE AQUÍ


Concurso Samaín no Bencho – Séguenos en Instagram!

Xa cheira a Samaín!!!

Participde no noso concurso: as vosas calabazas, disfraces, decoración máis divertidos e horripilantes poden ter premio sorpresa. Publicade as vosas fotos no IG Anpabenchoshey con haghstag #benchomola ou enviádeas a anpabenchoshey@yahoo.es para que as publiquemos nós.

Concurso Samaín ANPA Ben-cho-Shey

E para ir abrindo boca mostrámosvos como luce de terrorífico o noso cole este días!!!

O CEIP Ben-cho -Shey en Samaín