ANPA

Ben-Cho-Shey

Pista de xeo. CC. Ponte Vella.

Estimadas familias.

A pista de xeo situada no CC. Ponte Vella dános a posibilidade de pasar 1 h de maneira gratuíta nas súas instalacións.

Día: 15 de xaneiro do 2024

Hora: Desde ás 16:00 ata ás 17:00 ( para uso exclusivo dos/as socios/as da ANPA do Bencho). Non tendes porque entrar ás 16:00 en punto nin estar ata ás 17:00. É IMPORTANTE librar ás intalacións un chisco antes das 17:00, xa que despois abren ao público en xeral.

Número de plazas: 30 por orde de inscrición

Lean atentamente todo o que vén a continuación:

Poderán asistir todos os nenos e nenas socios da ANPA ata completar aforo.

Os nenos e nenas deberán ir acompañados por un adulto en todo momento. A ANPA NON SE FARÁ RESPONSABLE.

Os adultos poderán entrar na pista de xeo gratuitamente ou vixiar desde fóra mentres os nenos/as patinan.

Para os/as máis cativos/as haberá a súa disposición unhas foquiñas tamén gratuítas.

É importante que todos os que se animen a entrar na pista leven:

  • Luvas
  • Manga longa
  • Pantalón longo

Para poder asistir ese día, deberedes completar un formulario que deixamos a continuación. Recibiredes un correo de confirmación. O formulario pecharase en canto se completen o aforo.

O día 15 deberedes ensinar o carné de socio da ANPA.

Os comentarios están pechados.