ANPA

Ben-Cho-Shey

Actividades Plan de Igualdade 2023

“NO BENCHO TODOS SOMOS IGUAIS”

Estimadas familias.

Mañá dará comezo no Ben-Cho-Shey o proxecto de igualdade “No Bencho todxs somos iguais” que se vén realizando os últimos anos. Unha actividade coordinada pola Anpa e subvencionada e aprobada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, que se fará en horario lectivo para todo o alumnado nas seguintes datas.

  • Contos vellos, novos finais. Trastenda do conto. Día 18 de outubro. Para Infantil e 1ºde Primaria.
  • Obradoiro música pola igualdade. Día 24 de outubro. Para 2º e 3º de Primaria.
  • Que farías ti no meu lugar? Xogo de rol. Día 25 de outubro. Para 6º de Primaria.
  • Quen ten unha amizade ten un tesouro. Día 27 de outubro. Para 4º, 5º e 6º de Primaria.
  • Ciberbulling con perspectiva de xénero. Datas por concretar.

Un saúdo familias.

Os comentarios están pechados.