ANPA

Ben-Cho-Shey


Reunión das familias socias da ANPA

QUERIDAS FAMILIAS.

Convocamos a todas as familias socias da Anpa a unha reunión o día 7 de xuño ás 19:00 para tratar varios temas da asociación.

Agradámosvos ese día no salón de actos do CEIP Ben-Cho-Shey.

Un saúdo.


FESTIVAL DE PRIMAVERA

Boas familias!!


O día 30 de marzo agardámosvos no FESTIVAL da PRIMAVERA organizada pola Anpa do Benchoshey

Temos todo preparado para pasar unha tarde incrible:

  • Cantina organizada polos alumnos de 6°
  • Obradoiros
  • Concurso de puntería de fútbol
  • Espectáculo de maxia co gran mago Yoel
  • Música en vivo da man de @ce.orquestrapantasma 
  • E moitas máis sorpresas!!!

A entrada será de balde para @s soci@s e 5€ para @s non soci@s.
#benchomola#festadaprimavera


Que se fai desde a ANPA

Estimadas familias.

Co gallo das Xornadas Portas Abertas no noso CEIP. Desde a ANPA, queremos facer chegar a todas as familias interesadas en matricular aos cativos/as, das actividades que se levan a cabo ao longo de todo ano a través da ANPA Benchoshey.

  • Actividades extraescolares

Este ano contamos con actividades como Scrapbook, Danza Contemporánea, Inglés, Natación e Teatro. Todas elas, exceptuando natación, teñen lugar no recinto escolar ao remate do comedor.

  • Actividades puntuais

Neste curso, xa tivo lugar un taller de robótica e programación gratuíto para o alumnado de primaria. Temos pendentes algunhas que outras sorpresiñas no que resta de ano escolar.

  • Servizo de cambio de muda para @s máis pequech@s

Por medio deste servizo, dirixido ás familias socias, tentamos facilitar a entrada d@ nen@ ao cole e axudar na conciliación das familias.

  • Xornadas de Educación Afectivo-sexual para cativos/as e as familias

Desde a ANPA levamos varios anos xestionando a subvención, para que tod@ o alumnado poida ter acceso a estás xornadas. As aulas informativas desenvólvense dentro do horario escolar.

  • Festas e concursos

Festas de Nadal e de fin de curso, concursos para o Samaín, Nadal, Entroido…

  • Contacontos e moitas máis cousiñas


OBRADOIRO DE ROBÓTICA E PROGRAMACIÓN

_________________________________________________________________________________________________________

Apuntaste á diversión?

Dende a ANPA queremos facer que o alumnado de primaria se divirta ao mesmo tempo que aprende coñecementos técnicos e de programación. Para iso, organizamos esta actividade que cremos que será de interese para o/s noso/as socio/as e que terá lugar no CEIP Ben-Cho-Shey.

Número de vagas: 35 por orde de inscrición.

Para formalizar a inscrición é preciso cubrir o seguinte formulario:


FESTA E FESTIVAL DE NADAL 2022

_________________________________________________________________________________________________________

AVISO: Por favor, as familias que veñan ver as actuacións de extraescolares, non acudan ó recinto de aparcamento, nin ó centro ata as 16:15, pola seguridade dxs nenxs que van no bus escolar. Moitas gracias.

25N DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

Hoxe 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, dende a ANPA Ben Cho Shey, queremos apoiar a loita das mulleres contra a violencia que desgraciadamente segue presente. Preferiríamos non ter que celebrar este día, pero mentres a problemática siga latente teremos que seguir loitando.

Voltamos a compartir este vídeo do ano pasado xa que, por desgracia, seguimos igual.

Recordade, ademáis, que hoxe pola tarde ás 18.30 haberá un ESPECTÁCULO no salón de actos. Agardámosvos!!!