ANPA

Ben-Cho-Shey

o coleXio

Logotipo ANPA Ben-Cho-Shey

O CEIP Ben-Cho-Shey (BChSh) comezou o seu labor educativo no ano 1987, desde entón, a constancia e ilusión de todos os que dun ou doutro xeito participaron en devandita labor conseguiron que día a día o centro mellore en rendemento académico, na calidade do profesorado, na implicación dos pais, nas instalacións, no equipamento, nas relacións afectivas dentro da comunidade educativa e no funcionamento da ANPA.

No día de hoxe o CEIP Ben-Cho-Shey é un centro máis activo e con grandes melloras que non podemos descoidar. Por iso debemos seguir pensando que mañá os nosos fillos poden gozar dun colexio aínda mellor.

Sigamos querendo, coidando e protexendo ao Ben-Cho-Shey, o Centro de Estudos Público no que os nosos fillos inician os seus estudos escolares, onde desenvolven unha parte importante da súa personalidade e onde probablemente fagan as amizades máis estables da súa vida.

FOTOGRAFiANDO o Ben-Cho-Shey 

Aos profesionais do colexio, nais e pais, alumnos, Concello de Pereiro de Aguiar e a cantos colaboran co centro

Grazas polo esforzo, dedicación e ilusión

 

Enderezo CEIP BChSh:  Lugar A Chaira s/n – 32710 – Pereiro de Aguiar, Ourense – Tel: 988 25 94 54

ceip.benchosey@edu.xunta.es