Hoxe 25 de novembro, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, dende a ANPA Ben Cho Shey, queremos apoiar a loita das mulleres contra a violencia que desgraciadamente segue presente. Preferiríamos non ter que celebrar este día, pero mentres a problemática siga latente teremos que seguir loitando.

Voltamos a compartir este vídeo do ano pasado xa que, por desgracia, seguimos igual.
Recordade, ademáis, que hoxe pola tarde ás 18.30 haberá un ESPECTÁCULO no salón de actos. Agardámosvos!!!