ANPA

Ben-Cho-Shey

Actividades Extraescolares

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2018/2019

Extraescolares 18-19

DURACIÓN: De Outubro de 2018 a Maio de 2019.

DISTRIBUCIÓN DOS GRUPOS farase en base ás idades e nivel do alumnado anotado, tentando que sexan o máis homoxéneos posibles. Número aconsellable de participantes por grupo para levar a cabo a actividade : 10 . En caso de non acadarse o grupo mínimo a actividade podería verse suspendida. En caso que o nº de alumnos anotados supere iste ratio, valoraríase a viabilidade do desdobramento do grupo co fin de manter a calidade na actividade ofertada, informando previamente á familia dos alumnos afectados polo desdobramento.

CUSTO DAS ACTIVIDADES:Cuadro precios

Nos vindeiros días recibiredes información de cómo facerse socio da Anpa

PAGO DAS ACTIVIDADES

Será de forma trimestral (ó principio do trimestre), mediante o ingreso ou transferencia ó nº de conta da Anpa, informarase puntualmente a través de circular de cómo, cando e onde facelo.

INICIO DAS ACTIVIDADES: o vindeiro luns 1 de outubro.

INSCRICIÓNAQUÍBotón inscrición

data límite para inscribirse venres 21 de setembro .

Na semana do 24 de setembro confirmarase a cada alumno a través de circular nas mochilas o día e horario da actividade.

DESCRICIPCIÓN DAS ACTIVIDADES:

JUDO Porqué practicar judo? O judo é un deporte completo (desarrollo muscular armonioso, equilibrio psicolóxico e emocional e autocontrol), axuda á mellorar a confianza e seguridade (deporte olímpico, defensa persoal e autocontrol), priorizando o respeto, a educación, cortesía e amizade (mediante o traballo en grupo, desarrollo social, xogos e diversión). Profesorado: profesores especialistas titulados pola federeación galega de judo. Grupo mínimo: 15 alumnos. Duración 1,5 horas.

INGLÉS LÚDICO:  Potenciar o uso desta lingua estranxeira, traballando na mellora da comunicación oral,  acostumandose a escoitar e a perder o medo a falar en inglés, a través de xogos e acción cotiáns, sempre nun contexto lúdico. Profesorado: monitor nativo da academia Foreing Languages de Ourense (grupos dos luns) e profesora nativa (pendente por confirmar) para os grupos de martes e mércores. A distribución en grupos farase segundo as idades e/ou tentando manter os grupos dos anos anteriores.

MÚSICA E MOVEMENTO:  Favorecer a intelixencia musical. Ofrecer coñecementos elementais que fagan posible o seu desenvolvemento.  Educación do oído (recoñecer disitintos estilos de música), educación da voz (entonación, respiración, etc.) , educación dos movementos do corpo (ritmo e armonía, expresión corporal ,etc.), recoñecemento dos instrumentos musicais, memorización de cancións infantís. Actividade orientada a alumnos de infantil de 3 a 5 anos. Profesorado: Academia Kontrapunto.

LINGUAXE MUSICAL: Continuidade da actividade de música e movemento, orientada a alumnos de 6 anos en adiante, coa que se pretende asentar as bases da linguaxe musical. Empezar a ler a música, as partituras. Esta actividade posibilitará que o alumnado se inicie nun instrumento no curso seguinte (frauta doce). Esta actividade desdobrarase en Iniciación ao Linguxe Musica, e Linguaxe Musical propiamente dito, para diferenciar dous niveis en función da idade e a experiencia en anos anteriores na mesma actividade que teña o alumnado inscrito  Profesorado: Academia Kontrapunto.

PATINAXE ARTÍSTICA EN LIÑAAprender a técnica do patinaxe EN LIÑA, e poder combinala coa realización de coreografías e coa expresión corporal enriba de patins.  Profesorado: ESCOLA DE PATINAXE EN LIÑA ROLLER OURENSE. A inscripción nesta actividade implica ter os mesmos beneficios que calquera dos inscritos na escola Roller Ourense (rutas e actividades mensuales gratuitas para os inscritos, saídas e excursións cun baixo coste para os inscritos, etc, visitar http://www.rollerourense.es). Haberá dúas monitoras que atenderán a cada un dos dous grupos diferenciados por idades/nivel. Esta actividade ten unha duración de 1.15 hr, e unha matricula anual obrigatoria de 15€ . Si tedes que comprar patíns, non o fagades ata recibir información máis específica que se enviará xunto a circular de confirmación da actividade.

BAILE MODERNO: Traballar ao ritmo, a coordinación e a expresión corporal ao son da música e distintas coreografias.  Recoñecemento do propio corpo mediante a mellora da psicomotricidade. Profesorado: Academia de Baile Sabrosura.

EXPRESIÓN ARTÍSTICADesenvolvemento das capacidades artísticas do alumnado en cada un dos seguintes bloques: PINTURA empregando distintas técnicas pictóricas e soportes, ESCULTURA E MODELADO (traballo da percepción tridimensional mediante o modelado con barro, pasta de papel, plastilina, cartón …), GRANDES FORMATOS (manexo de grandes formatos: murais, carteleiría de gran tamaño ….).   Profesorado: Profesora licenciada en Belas Artes, con ampla experiencia no traballo con nen@s.  Esta actividade terá unha duración de 1.30 hr.

NATACIÓN INICIACIÓN/PERFECCIONAMENTO: Actividade dirixida por un lado ao alumnado que ainda non sabe nadar, e por otro a aqueles que sabendo nadar quieran melloras a súa técnica e habilidade no medio acuático. Os grupos de iniciación e perfeccionamento son á mesma hora e a clasificación farase segun a experiencia d@s nen@s. Profesorado: Monitores de natación da piscina do colexio Miraflores. Lugar: Piscina do colexio Miraflores. Grupo mínimo: 10 alumnos.

Advertisements

5 thoughts on “Actividades Extraescolares

  1. Hola ¡¡¡ me gustaria saber q tipo de patines le hace falta para la actividad de PATINAXE. Saludos.

  2. Hola! no entiendo lo de las actividades, por q se paga cada tres meses? y si en octubre el comedor e a las 2 como empieza por ejemplo ingles a las 2:30? Gracias, un saludo.

    • Se paga de forma trimestral, coincidiendo con los trimestres naturales de un curso escolar, para facilitar a las familias el que no tengan que esta yendo mes a mes a hacer un ingreso al banco.

      El horario del comedor es de 14 a 14.30 hrs. y de 14.30 a 15.30 los niños están en el recreo. Esa es la hora en la que aprovecharemos para hacer las actividades del mediodía.

      • Hola ! gracias por la aclaración, me gustaria saber si todavia tendria cupo la clase de informatica para mi hijo ya que tenia pensado meterlo en ingles pero quiere ir a informatica, gracias nuevamente un saludo.

      • Ola:
        Enviámosche a resposta ao teu correo electrónico.
        Grazas pola túa consulta.