ANPA

Ben-Cho-Shey

ENTROIDO 2019

Entroido 2019: Os San Fermines do BenTXo

O Entroido xa está á volta da esquina, e queremos volver a repetir a experiencia e participar en familia no desfile de Ourense e no do Pereiro, representando ao Ben-Cho-Shey, e si cadra, de paso, gañar algún premio .

O desfile en Pereiro será o sábado 2 de marzo, e o de Ourense, o vindeiro domingo 3 de marzo.

Imos organizar os tempos da seguinte forma:

-Ata o mércores 30 de xaneiro: inscripción dos interesad@s en formar parte da comparsa.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN Á COMPARSA

Xoves 31 de xaneiro ás 18.00 hr reunión no salón de actos para a organización dos grupos de traballo (carroza, vestiario, etc.) Necesitamos da implicación de tod@s aquel@s que teñades disponibilidade para axudar, para repartirnos o traballo.

Este ano a troula está máis que asegurada, porque …. Imonos de San Fermines!!!!! Unha comparsa moi festeria para pásalo ben, gastando moi pouquiños cartos e cun disfraz con moi pouco traballo!!!!! Así que NON HAI EXCUSA!!! Este ano TOD@S a participar no entroido!!!!

entroido 2019