Estimadas familias.
Co gallo das Xornadas Portas Abertas no noso CEIP. Desde a ANPA, queremos facer chegar a todas as familias interesadas en matricular aos cativos/as, das actividades que se levan a cabo ao longo de todo ano a través da ANPA Benchoshey.
- Actividades extraescolares
Este ano contamos con actividades como Scrapbook, Danza Contemporánea, Inglés, Natación e Teatro. Todas elas, exceptuando natación, teñen lugar no recinto escolar ao remate do comedor.
- Actividades puntuais
Neste curso, xa tivo lugar un taller de robótica e programación gratuíto para o alumnado de primaria. Temos pendentes algunhas que outras sorpresiñas no que resta de ano escolar.
- Servizo de cambio de muda para @s máis pequech@s
Por medio deste servizo, dirixido ás familias socias, tentamos facilitar a entrada d@ nen@ ao cole e axudar na conciliación das familias.
- Xornadas de Educación Afectivo-sexual para cativos/as e as familias
Desde a ANPA levamos varios anos xestionando a subvención, para que tod@ o alumnado poida ter acceso a estás xornadas. As aulas informativas desenvólvense dentro do horario escolar.
- Festas e concursos
Festas de Nadal e de fin de curso, concursos para o Samaín, Nadal, Entroido…
- Contacontos e moitas máis cousiñas
