ANPA

Ben-Cho-Shey

PROXECTO CONSTRUÍNDO IGUALDADE

Pronto dará comezo no Ben-Cho-Shey o proxecto de igualdade que se ven realizando os últimos anos. Unha actividade coordinada pola Anpa e subvencionada e aprobada pola Secretaría de igualdade da Xunta de Galicia, que se fará en horario lectivo os días 17, 19 e 26 de outubro.
Actividades propostas e que levará a cabo María Victoria Canosa, licenciada en psicoloxía e formada en temas de igualdade, violencia de xénero e educación emocional.

Este sería un resumo das dúas actividades que se van facer a través do proxecto de construindo igualdade, con 5º e 6º de EP:

SOBREVIVINDO NUNHA ILLA DESERTA.

Sobrevivir nunha illa deserta necesita de tomar boas decisións e contar con todo o equipo. Monopolizar conversas, impoñer o noso criterio, non escoitar ás outras personas, menosprezar outras opinión diferentes,… son actitudes que non interesan.

A través deste xogo, faremos que nenos e nenas sexan máis conscentes delo e que se saiban importantes nisto de construir igualdade e relacións respectuosas. Ao final faremos propostas reais de boas prácticas para acadar esa igualdade para todas as persoas, empezando polos compañeiros e compañeiras.

WIKIPEDIA DA IGUALDADE

Faremos a nosa propia Wikipedia da igualdade para coñecer conceptos importantes: feminismo, machismo, corresponsabilidade, fracaso escolar, roles de xénero, micromachismos… Sensibilizarémonos con eles a través de coñecer outras realidades menos privilexiadas que a nosa, pondo en valor a educación e a igualdade de dereitos.
#benchomola #construindoigualdade

Os comentarios están pechados.