ANPA

Ben-Cho-Shey

Pacto polo BO TRATO e a IGUALDADE no Ben-Cho-Shey

Estimadas familias,

tal e como vos contamos na reunión da ANPA, estamos levando a cabo o proxecto “Pacto polo bo trato e a Igualdade”, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. O proxecto consite en tres actividades que se comezarán a facer en breve no colexio:

  • Obradoiros polo BO TRATO nos cursos de primaria. 2 sesións por curso en horario lectivo levadas a cabo por unha monitora licenciada en Psicoloxía e con formación en igualdade, violencia de xénero e educación emocional e co obxectivo de crear o espazo e condicións para que o alumnado reflexionen en grupo sobre o bo trato e a súa importancia, identificando condutas concretas para poñelo en práctica.
  • Contacontos para o BO TRATO nos cursos de Infantil: representación en horario lectivo dun conto motivador do bo trato, do cal logo cada nenx fará un debuxo ou creación. Tamén levado a cabo por unha monitora licenciada en Psicoloxía e con formación en igualdade, violencia de xénero e educación emocional.
  • Vacinación simbólica polo Bo Trato e exposición de debuxos: xornada presencial aberta onde as familias poderán ver as creación feitas nas actividades anteriores e poderán optar á insignia “Aquí hai Bo Trato” da Campaña de vacinación simbólica polo Bo Trato.
  • ESCOLA DE FAMILIAS. Proposta formativa para nais, pais, irmás maiores, avoas, avós ou calquera outro membro da familia que ostente labouras de crianza. Son obradorios participativos dirixidos por persoal experto onde queremos abordar e clarificar conceptos en relación á igualdade (xénero, machismo, feminismo, violencia de xénero…), falaremos de cales poden son os factores que favorecen ou torpedean a construción dese mundo máis igualitario e trataremos de crear unha rede de apoio onde podamos poñer enriba da mesa as nosas inquedanzas, os nosos intereses, etc.
  • Obradoiro de CIBERBULLYING e con perspectiva de xénero “Violencia 2.0”. Para os/as alumnos/as de 6º de primaria, en horario lectivo. Neste obradoiro preténdese expor os aspectos clave para entender o ciber acoso, como afecta especialmente ás mulleres, e dar ferramentas para poder identificalo e afrontalo, sensibilizar en canto ao sexismo nas redes para que a mocidade sepa detectar os roles de xénero e poida desenvolver axeitadamente a súa identidade.

Iremos informando das datas de cada unha das actividades e esperamos a vosa participación!!

Os comentarios están pechados.