ANPA

Ben-Cho-Shey

Actividade Camiñando en Familia (Rutas polo Camiño de Santiago)

Compartimos convosco unha actividade promovida pola Federación de ANPAs públicas de Ourense, que propón a realización de rutas en familia polo Camiño de Santiago.

É unha actividade aberta a participar todas as familias da provincia de Ourense e á poboación dos concellos da zona.

Ao longo das 26 xornadas de duración participarán un mínimo de 1.800 persoas como excursionistas a través dos municipios das 10 etapas oficiais do Camiño de Santiago Vía da Prata.

Dende a A Canda no Concello de A Mezquita ata Santiago de Compostela.

Desenvólvese en 20 municipios do Camiño de Santiago:

  1. A Canda Concello de A Mezquita
  2. A Gudiña
  3. Laza
  4. Vilar de Barrio
  5. Xunqueira de Ambía
  6. Baños de Molgas
  7. Paderne de Allariz
  8. Taboadela
  9. San Cibrao das Viñas
  10. Ourense
  11. Amoeiro
  12. Vilamarín
  13. Cea
  14. Piñor
  15. Dozón
  16. Lalín
  17. Silleda
  18. Vedra
  19. Boqueixón
  20. Santiago de Compostela

O programa desenvólvese entre os meses de maio de 2021 a outubro de 2021.

FORMULARIO INSCRICIÓNS AQUÍ

Alén de facer o Camiño, ao finalizar o proxecto, o 3 de setembro de 2021, realizarase en Ourense cidade unha “festa de fin de etapa”, nun concello da Provincia de Ourense situado no Camiño. A idea é que todas as familias que participaron ao longo das 26 xornadas que faremos do Camiño, se podan xuntar para celebrar o final do Camiño.

Descarga a continuación os documentos coa información e as etapas:

Os comentarios están pechados.