ANPA

Ben-Cho-Shey

Cuota SOCIO ANPA BChSh 2020 – 2021

Estimadas familias,

como cada ano por esta época, lanzamos a información de cómo facerse SOCIO DA ANPA, e neste curso tan atípico no que todo está véndose afectado por mor da situación sanitaria actual, as cotas de socios non ían ser distintas.

Como vos recordamos ano tras ano, a colaboración económica das familias a través da cota de socio, é indispensable para levar a cabo os proxectos e iniciativas que dende a Anpa emprendemos co fin de complementar e mellorar a educación das nosas crianzas (actividades extraescolares, festas de Nadal e fin de curso, seguro escolar, colaboración c@s monitor@s do comedor, semana do libro, colaboración coa excursión de 6to, escola de familias, etc.); pero este ano o cambio nas relacións sociais que a realidade da Covid19 está a impor, vai facer que non todas estas actividades se vaian poder realizar.

Así mesmo, a “nova realidade” trouxo novos protocolos á escola, e o día a día fíxose algo máis complexo. Esta complexidade trasladouse a tódolos ámbitos dentro do centro, incluído o comedor. O comedor é un servizo educativo que debemos valorar e coidar, e somos conscientes que non existiría de non ser pola figura d@ colaborad@r de comedor, nais e pais que de forma voluntaria, acompañan cada día ao alumnado, preparando o espazo para comer, axudándolles durante a comida, e vixiando no recreo posterior. Este ano as súas obrigas estanse a ver incrementadas con novos protocolos, o seu traballo, xa complexo en por sí, está a ser un chisco máis complicado do habitual, e están a traballar á reo para facer do comedor un espazo seguro para @s nos@s fill@s.  Queremos dende a Anpa por en valor a figura d@ colaborad@r de comedor, sen a cal o comedor non existiría.

Así pois, por todo anterior, dende a xunta directiva, cremos que o máis axeitado para este curso é:

🥇 modificar a cantidade da CUOTA DE SOCIO a 10 €/familia

🥈 destinar prioritariamente o que se recolla a axudar naqueles ámbitos no que o coronavirus poida ter maior repercusión: facer acopio si fora necesario de material anticovid, e sobre todo apoiar @s colaborador@s de comedor incrementando a asignación que a Xunta lles da a modo de colaboración

🥉 continuar con aquelas actividades que as restricións marcadas polas autoridades sanitarias permitan en cada momento, e argallar outras novas que se adapten á nova normalidade

Este ano ser socio da Anpa ten máis sentido que nunca, precisamos da axuda de tod@s. Cun pequeno custo por familia, podemos conseguir moito.

Este curso máis que nunca a ANPA, SOMOS, DEBEMOS SER TOD@S.

ENTRE TOD@S PODEMOS!!!

Os comentarios están pechados.