ANPA

Ben-Cho-Shey

Datas, horarios e inscrición á Escola de Familias

Estimadas familias,

debido á actual circunstancia e atendendo ao voso interese tivemos que reorganizar a Escola de Familias.

Para cumprir coas últimas restricións poderemos en marcha 2 grupos de 4 persoas en dous horarios diferentes: de 18:00h a 19:30h e de 19:30h a 21:00h.

Cada grupo poderá asistir a 3 sesións, unha por semana, con temáticas diferentes.

Lembramos que nas sesións da Escola de Familias, abordaránse conceptos en relación á igualdade (xénero, machismo, feminismo, violencia de xénero…), falarase de cales poden son os factores que favorecen ou torpedean a construción dese mundo máis igualitario e tratarase de crear unha rede de apoio onde se poidan compartir inquedanzas.

As prazas por cada grupo cubriranse por orde de inscrición.

INSCRICIÓN

Sesións: xoves 29/10, xoves 5/11 e xoves 12/11

Lugar: centro cultural os Gozos

No caso de que non obtiveses praza no grupo que desexas poñerémonos en contacto contigo.

Os comentarios están pechados.