ANPA

Ben-Cho-Shey

Interesad@ en participar na Escola de Familas?

Estimadas familias,

como sabedes dende a ANPA do cole estamos levando a cabo o proxecto “Construindo Igualdade”, subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia. Dentro deste, enmárcase a Escola de Familias, un espazo de formación onde queremos abordar e clarificar conceptos en relación á igualdade (xénero, machismo, feminismo, violencia de xénero…), falaremos de cales poden son os factores que favorecen ou torpedean a construción dese mundo máis igualitario e trataremos de crear unha rede de apoio onde podamos poñer enriba da mesa as nosas inquedanzas, os nosos intereses, etc.


A idea é que a Escola bote a camiñar canto antes, os xoves en horario de 19:30h a 21h e previsiblemente no auditorio dos Gozos.


Debido ás actuais restriccións por mor da pandemia teremos que facer grupos de 10 persoas, polo que vos pedimos nos digades mediante un breve formulario as persoas que estariades interesadas en acudir aos obradoiros da Escola de Familia para poder repartir por grupos a esas persoas interesadas.

Por favor, enviade un só formulario por familia:

Contactaremos directamente convosco para organizar os grupos.

Agardamos as vosas repostas e agradecemos de antemán a vosa implicación na implementación deste proxecto.

Un saúdo!

Os comentarios están pechados.