Estimadas familias, queremos presentarvos o proxecto “Construíndo Igualdade” que se vai a desenvolver nas próximas semanas no noso Centro. Trátase dunha iniciciativa promovida pola ANPA Ben-Cho-Shey e financiado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia.
O proxecto consiste en dous bloques de actividades:
👩🏾🤝👩🏼 OBRADOIROS PARA @S NEN@S DE 4º, 5º E 6º
- Obradoiros “A ver si me aclaro” e “Diccionario de igualdade”
- Obradoiro adicional “Ciberbulling con perspectiva de xénero – Violencia 2.0” para @s alumn@s de 6º.
Impartiránse en horario lectivo no colexio a partir deste xoves 15 de outubro e dacordo c@s tutor@s e a dirección do centro.
👨👩👦 ESCOLA DE FAMILIAS
- 4 sesións presenciais previsiblemente no auditorio dos Gozos. Se a situación actual o permite celebraránse todos os Xoves a partir do día 22 de outubro previa inscrición (a semana qe ven publicaremos toda a información)
Neste vídeo Antía, socia da entidade sen ánimo de lucro Xeracción encargada e impartir os obradorios, explícanos os detalles do contido do proxecto e propón un espazo “virtual” onde compartir inquedanzas sobre o obxectivo de educar na igualdade.
🎯 NON VOLO PERDADES‼🎯
Pedímosvos que PARTICIPEDES a través de comentarios ao vídeo de youtube ou a esta entrada de blogue e trasladédesnos todas as dúbidas que poidan contribuír a enriquecer as próximas sesións da escola de familias.