Estimadas familias,
Vimos de comezar un novo curso, atípico e sen dubida marcado en tódalas súas facetas pola realidade que o Covid-19 nos está a deixar.
Neste sentido, e co fin de salvagardar a saúde dos nosos cativos, do profesorado e polo tanto das nosas familias, dende a Anpa decidimos seguir, polo menos neste primeiro trimestre, a recomendación feita tanto pola Conselleria de Educación da Xunta de Galicia, como polo Ministerio de Educación, según a cal non é recomendable a realización de actividades extraescolares cando esto supoña mezclar grupos de convivencia estable.
Como sabedes dende o claustro de profesores estase a por todo o esforzo para que o colexio sexa un entorno seguro, sendo os grupos de convivencia estable ou burbulla unha das medidas adoptadas para diminuir o número de contactos, facilitar a labor de detección en caso de que aparezca algún caso positivo e minimizar posibles contaxios. Deste xeito os alumnos dun grupo burbulla relacionaranse só entre eles mentres estén no centro (aula, recreo, comedor, etc.)
Atendendo á natureza do noso centro resulta imposible, polo número de alumnos, respetar os grupos burbulla durante a realización das actividades extraescolares, e pareceríanos unha imprudencia que tódolo esforzo que está a levar a comunidade educativa se puxera en risco por este motivo.
Así pois entendemos que a postura máis responsable nestes momentos é a non realización das actividades extraescolares que a Anpa viña organizando cada ano dende o mes de outubro, polo menos durante o primero trimestre. Unha vez transcurridos estos primeros meses, e en función de cómo se vaian sucedendo os acontecimentos, valorarase a realización das mesmas, e por suposto manterémosvos informados.
Temos que por o foco no que en realidade é fundamental nestes momentos, a saúde de tod@s, e dende a Anpa queremos apoiar todas aquelas medidas que teñan como obxectivo facer do colexio un entorno seguro para @s nos@s fill@s
Recordade que estamos á vosa disposición para todo aquello que precisedes.
ENTRE TOD@S PODEMOS !!