ANPA

Ben-Cho-Shey

Suspensión actividades extraescolares ANPA

Estimadas familias,

Ante todo esperamos que vos encontredes ben de saúde, que nos tempos que estamos a vivir é o máis importante.

Ante a situación actual,  dada a incerteza sobre a volta presencial ou non ás aulas no actual curso e tendo en conta que as actividades extraescolares que organiza a Anpa rematan como xa sabedes no mes de maio, dende a xunta directiva da Anpa decidimos dar por rematadas as actividades extraescolares no presente curso.

Como ben recordaredes, as actividades extraescolares foron suspendidas ao mesmo tempo que a actividade docente o pasado 13 de marzo, polo que na última quincena do trimestre non se impartiron as clases correspondentes, tendo a maioría das familias,  pagado o trimestre completo.

Por parte da Anpa existe o compromiso firme de non dar por perdido o importe correspondente ás actividades non realizadas na última quincena (este importe vai dende os 5.50€ ata os 9€ dependendo da actividade).

Unha vez valoradas tódalas posibilidades, cremos que a maneira máis práctica, e menos custosa para a Anpa (tendo en conta o gastos bancarios que se ocasionarán) sería deixar o importe a devolver para cada alumn@, pendente para descontar do pago das activades extraescolares ou cota de socios de cara ao seguinte curso.

Agora ben, entendemos que é o voso dereito pedirnos a devolución deste importe, (p.ex, no caso dos alumnos de sexto). Si é esa a vosa decisión, por favor cumprimentade o FORMULARIO que atoparedes á continuación,  só para aqueles que expresamente queirades o reembolso do importe correspondente ao medio mes das actividades non realizadas. A data tope para poder cumprimentar dito formulario é ata o 31 de maio.

En caso de non cumprimentar expresamente o formulario,  entenderemos que deixades o devandito importe para descontar no vindeiro curso, dende a Anpa temos controlada esa cantidade e informarémosvos debidamente chegado o momento.

FORMULARIO PARA A DEVOLUCIÓN OPCIONAL DO IMPORTE DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DA ANPA (Só para aqueles que non queiran o desconto o curso que ven)

Tamén pode darse o caso de que alguén, por algún despiste, aínda non pagara as actividades do segundo trimestre, nese caso habería que ingresar o importe correspondente a dous meses e medio de clases, si tedes dúbida da cantidade que tedes que pagar, si estades nesta situación,  podedes consultalo por correo anpabenchoshey@yahoo.es

Sen máis, recibide unha gran aperta da nosa parte, transmitirvos moito ánimo e forza para seguir adiante, e dicirvos que esperamos poder estar pronto de volta para seguir colaborando coa comunidade educativa do Ben Cho na procura do obxectivo común polo que traballamos tod@s xunt@s: a mellor educación posible para @s nos@s fill@s. Recordarvos tamén, que seguimos estando en contacto a través de correo electrónico para todas aquedas dúbidas que podades ter.

Anpa CEIP Be-Cho-Shey

Os comentarios están pechados.