Por mor da decisión da Xunta de suspender as clases nos centros educativos e non recomendar a asistencia dende mañá venres, a xunta directiva da Anpa Ben-Cho-Shey tomou a decisión de suspender todas as actividades extraescolares organizadas por esta entidade tamén a partir de mañá venres día 13. Mañá por tanto os pais e nais d@s neno@s que acudan ao cole deberán telo en conta para recollel@s.
Tómase esta decisión como medida preventiva ante o avance do coronavirus. Manteremosvos imformados do reinicio das mesmas.