Estimados pais e nais,
Como sabedes, a día de hoxe ainda existen actitudes pouco respectuosas entre as persoas.
As notas escolares son importantes, pero está demostrado que a calidade nas relacións personais marcan moitísimo a vida d@s nos@s fill@s. A fin de contas, somos seres sociais.
A Xunta de Galicia a través da Secretaría de Igualdade concedeu á ANPA Ben-Cho-Shey unha subvención para levar a cabo actividades dirixidas á boa convivencia familiar e á igualdade e respecto mutuo. Farase dun xeito dinámico e divertido.
O alumnado participante tamén fará unha breve representación teatral, poñendo en valor a temática do obradoiro.
Esta actividade realizarase dende o 8 de outubro ata o 26 de novembro, ambos inclusive os martes en horario de 16.00 a 17.00 horas, nun aula do colexio.
