ANPA

Ben-Cho-Shey

Axudas Xunta 2019: Campamentos e STEMweek.

Publicamos algunhas axudas que poden ser do voso interese:

Campamentos Xunta 2019

Publicouse Diario Oficial de Galicia a ORDE  pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2019.

Poderán participar as mozas e mozos a partir dos 9 anos e ata os 30. O prazo está aberto ata o vindeiro 7 de maio, incluído.  Toda a información estará dispoñible na páxina web de Xuventude.

 

Axudas para a realización de actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek. 

Dirixidas a alumnado de 3º e 4º da ESO.

Orde do 4 de abril de 2019 pola que se convocan axudas para a realización das actividades formativas STEM en lingua inglesa, STEMweek, no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/27601

O prazo para a presentación de solicitudes será desde o 30 de abril ao 30 de maio de 2019, ambos os dous incluídos.

Advertisements

Os comentarios están pechados.