ANPA

Ben-Cho-Shey

Axudas a familias de Pereiro de Aguiar para a adquisición de libros de texto e/ou material escolar de Educación Infantil para o curso 2018/2019

O Concello de Pereiro de Aguiar ven de publicar as axudas destinadas a facilitar a compra de libros e/ou material escolar, destinadas a unidades de convivencia con menor poder adquisitivo do Concello do Pereiro de Aguiar que teñan nenos e nenas ao seu cargo matriculados en 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, en centros públicos ou privados en tramos concertados.

CONTÍA DAS AXUDAS:

90 € para os cursos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil (3, 4 e 5 anos). As axudas concederanse por rigorosa orde, atendendo ámenor renda per cápita, ata esgotar o orzamento asignado.

REQUISITOS:

a) Convivir con menores ao seu cargo, escolarizados en centros de ensinanza públicos ou privados en tramos concertados en Educación Infantil.

b) Estar todos os membros da unidade de convivencia empadroados no Concello do Pereiro de Aguiar como mínimo desde o 1 de xaneiro de 2018.

c) Non superar os 7.000,00 € de renda per cápita anual (computarase un membro máis no caso de presentar algún deles unha discapacidade igual ou superior ao 33%).

d) Estar ao corrente no pagamento de todos os tributos e taxas municipais.

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario segundo o artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

SOLICITUDES

Deberán presentarse, debidamente cumprimentadas, no Rexistro Xeral do Concello do Pereiro de Aguiar, ou por calquera medio dos establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas. (Consultar documentación no BOP)

PRAZO:

15 días hábiles contados a partir do día 6 de novembro.

MÁIS INFORMACIÓN

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=254&fecha=20181105

Advertisements

Os comentarios están pechados.