ANPA

Ben-Cho-Shey

Taller intensivo robótica xuño 2018

Taller roboticaGústanche os Robots? Queres aprender a programar?

Este mes de xuño os alumnos/ as de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria do CEIP Ben-Cho-Shey podedes anotarvos ao Taller de Robótica que terá lugar no salón de actos do cole os LUNS e MÉRCORES en horario de 15:45 a 17:15.

Neste taller poderás iniciarche no mundo da robótica xogando, mediante retos adaptados ao teu nivel e manexando diferentes tecnoloxías e tipos de robots (LEGO Mindstorm, Bee-bot, Dash& Dot, etc…)

Serán en total 6 sesións do do 4 ao 20 de xuño e o prezo do taller é de 35€ para socios da ANPA e 50€ para non socios.

O grupo será de 10-12 alumnos. En caso de máis solicitudes valoraráse engadir outro grupo os martes e xoves.

Para inscribirse os pais/nais teñen que cubrir o formulario que aparece neste link:

INSCRICIÓNS

Enviarémosvos confirmación dos horarios e a información necesaria para o pago.

Anímate a experimentar coa robótica!

 

Advertisements

Os comentarios están pechados.