ANPA

Ben-Cho-Shey

ENTROIDO Ben-Cho-Shey 2018

O Entroido xa está á volta da esquina, e como o ano pasado pasámolo tan ben, queremos volver a repetir a experiencia e participar en familia no desfile de Ourense (e no do Pereiro), representando ao Ben-Cho-Shey, e si cadra, de paso, gañar algún premio .

O desfile terá lugar en Ourense, o vindeiro domingo 11 de febreiro, polo que de novo non temos demasiado tempo, así que organizaremolo do seguinte xeito:

NOTA: Se o acceso a o formulario desde este ligazón da erro, probade desde o menú superior desta páxina.

CONSULTAR OPCIÓNS TEMÁTICA AQUÍ (pinchar ligazón)

  • Luns 15 de xaneiro as 18.30 hr: reunión no salón de actos do colexio para a organización dos grupos de traballo (carroza, vestiario, etc.) Necesitamos da implicación de todos aquel@s que teñades disponibilidade para axudar, para repartirnos o traballo da organización da comparsa.

Hoxe recibiredes circular nas mochilas dos nen@s. A partir deste punto a comunicación farase entre todos os inscritos será a través de correo electrónico e/ou a través deste blog (menú superior da páxina) onde iremos colgando toda a información relacionada co entroido e a organización da comparsa.

Esperamos a vosa participación para que o Entroido do cole sexa un éxito!

Anpa BCHSH

Os comentarios están pechados.