ANPA

Ben-Cho-Shey

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN A PROL DAS ALTAS CAPACIDADES

Spot Campaña de Sensibilización da Asociación de Altas Capacidades de Galicia
ASAC, é unha asociación sen ánimo de lucro, con sede na Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela, nacida en 1995 e dirixida polos seus propios socios: Na actualidade, son 350 as familias asociadas.

A Asociación orienta os seus esforzos hacia o impulso do talento desenvolvendo entre outras actividades, programas de enrequecemiento como Ronsel do Campus. O programa é levado a cabo por especialistas técnicos da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e supón unha atención especializada que, a través de 28 obradoiros de índole artística, científica e tecnolóxica, vai dirixida a 385 nenos e nenas de altas capacidades de toda Galicia.

De este afán por promover o talento e dada a necesidade de dar visibilidade a un campo das Necesidades Educativas Especiais que non son fácilmente recoñecibles, nin fácilmente comprendidas, o pasado 17 de outubro, a Asociación de Altas Capacidades de Galicia (ASAC Galicia), en colaboración coa Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da USC, presentaron no Centro Galego de Arte Contemporánea o spot que marca o comezo da Campaña de Sensibilización a prol das Altas Capacidades.

Tanto o spot como a campaña céntranse nunha mensaxe clara e asertiva que intenta dar voz ao que este colectivo percibe e sente fronte a un sistema educativo e unha opinión pública xorda as súas demandas e moitas veces agresiva ante unha diferenza que se entende como unha vantaxe absoluta e constante fronte ao resto do alumnado, en tódolos niveis educativos.

A idea orixinal e o desenvolvemento do traballo son de ROI FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ e está asesorada, dende o punto de vista científico, pola Doutora CARMEN POMAR TOJO, directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades da USC.

Para dar voz e rostros a esta mensaxe, no spot, contamos con nove nenos e nenas de distintas idades que pertencen á Asociación de Altas Capacidades de Galicia e coa colaboración de MARIA SOLAR (xornalista e escritora), JORGE MIRA (científico e comunicador) e ANTONIO MOURELOS (actor).

O impacto mediático, social e educativo da campaña será de alto alcance e esperamos unha boa acollida na nosa Comunidade Autónoma e fora dela, dado o grande interese que espertou a súa presentación oficial.

Agradecemos a visualización e difusión do spot (pulse):

Spot Campaña de Sensibilización da Asociación de Altas Capacidades de Galicia

 

Os comentarios están pechados.