ANPA

Ben-Cho-Shey

Sistema de avisos da Xunta

Hoxe querémosvos falar dun servizo que pode resultarvos útil. Trátase do sistema de avisos do portal da Xunta de Galicia que ten por obxectivo informar por SMS e/ou por correo electrónico das novidades que se xeran tanto no ámbito das alertas meteorolóxicas coma da publicación de axudas, bolsas e subvencións de calquera departamento do goberno galego.

O servizo é completamente gratuíto e basta con darse de alta no servizo e escoller os tipos de contidos que se desexa recibir: ben as alertas meteorolóxicas, ben as axudas, bolsas e subvencións e decir se se quere recibir por SMS, email o ambos.

Podedes atopar toda a información en https://www.xunta.gal/sistema-de-avisos

Os comentarios están pechados.