ANPA

Ben-Cho-Shey

Fotos e despedida ao Entroido 2017

Por fin temos as fotos da nosa exitosa representación no Entroido 2017 de Ourense e podemos compartilas con vos!!!

Aquí tedes unha pequena mostra

 

BeFunky Collage

Podedes descargar todas as fotos AQUI

En nome da ANPA queremos agradecer a tod@s e cada un de vós, a implicación mostrada dende o minuto 0, as ganas, a boa disposición, o duro traballo, e a alegría e bo humor mostrados durante a preparación da comparsa e no desfile.

Non queremos esquecer a tod@s aquel@s que sin saír no desfile, de ben seguro nos axudaron a que a festa saíra redonda, collendo fio e agulla e axudándonos cos disfraces, ou atendendo aos cativos mentres nos reuníamos: avos e avoas, tías, veciños, amigos e familiares varios.

Agradecerlle a Ita, a nosa costureira de cabeceira, a súa paciencia connosco, cos patróns, os cambios e o aproveitamento da tela … volvemola louca!!!!

A Maribel que cortou todas e cada unha das bufandas, e damos fé que non era doado.

A tod@s os que nos axudastes de forma activa na organización dos talleres e cortando a tela, graciñas de verdad!!!

@s que asististes o sábado á festa do Pereiro, gracias a vós ganamos un premio que nos veu xenial para axustar os gastos.

As nosas coreógrafas de cabeceira, gracias polo voso bo humor e alegría. Tamén agradecerlle ó noso fotógrafo particular a reportaxe que nos fixo, en canto poidamos iremos subindo as fotos ó blog da Anpa.

Agradecer como non ó Concello do Pereiro a súa colaboración, así coma ás entidades que tamén aportaron o seu grauciño de area.

Un agradecemento moi moi especial ós artistas que diseñaron a carroza: Edu, Cris, Susana, Elva, Belen, Gema, Eva, Bety, Malena, Berna e Angeles, non só polo resultado, que foi ESPECTACULAR, si non pola presión, o estrés e o pouco tempo co que traballastes. O resultado tremendo! Deixastes o listón realmente moi alto.

E por último, e non menos importante, un nomeamento moi especial á persoa que nos embarcou nesta loucura, a que nos involucrou neste proxecto, e nos arrastrou a todos a disfrutar do entroido, María: mira a que liaches!!!!!

Esperamos non esquecer a ninguén, porque fomos moitos os que participamos, si te esquecemos …non no lo tomes a mal, disculpas e como non … Gracias!!!!

Cremos que en xeral, tod@s o pasamos ben, e a experiencia foi moi positiva. Divertímonos, coñecemonos noutro contexto, fixemos o cabra, e cremos que en xeral quedamos con ganas de máis. Despedimos o Entroido 2017, pero xa logo está ahí o Entroido 2018, ojalá tod@s repitamos!!!

 

Anpa BChSh

Os comentarios están pechados.