ANPA

Ben-Cho-Shey

Plataforma de Reivindicacións CEAPA

O pasado 28 de decembro, púxose en marcha a Plataforma de
Reivindicacións de CEAPA, unha nova forma de presentar tanto as
reivindicacións do movemento de pais e nais do alumnado como as de toda

a cidadanía, de maneira que poidan estar agrupadas.
Esta Plataforma de Reivindicacións facilitará que tanto os nosos
representantes políticos como a cidadanía en xeral poidan coñecelas e
acceder máis fácilmente a elas e así poñer en marcha
reivindicacións de forma máis efectiva e coordinada.
Dita plataforma pódese atopar no dominio http://www.reivindicacións.org/,
propiedade de CEAPA, na que se traballará en aberto para que se
converta nunha nova ferramenta para a cidadanía do noso país.
Neste momento hai dúas reivindicacións de CEAPA para asinar e
difundir:
– Amnistía económica-educativa para as familias ás que se lles esixe
a devolución do importe das becas por non superar os seus fillos e
fillas o % de materias esixido.
– Investigación do financiamento da LOMCE con diñeiro do Fondo Social
Europeo.

Os comentarios están pechados.