ANPA

Ben-Cho-Shey

“A quimio xogando pásase voando”

Seguro que tes por casa algunha consola de xogos que non volviches tocar…
Seguro que tamén tes algúns xogos que xa non utilizas…
POR QUE GARDALOS NUN “CAIXÓN DESASTRE” DE CASA PARA QUE CO TEMPO REMATEN NO LIXO?

En Juegaterapia recollen todo tipo de consolas que funcionen perfectamente e estean en bo estado.

Tamén videoxogos para menores de 18 anos.

Despois, dóano todo a hospitais con zona de oncoloxía infantil para facer que o tempo de espera e de quimioterapia pase o máis rápido posible. Cada consola leva un adhesivo cos datos do seu doador para que cando lle chegue ao neno poida agradecerllo cunha chamada, unha mensaxe, un debuxo…

Envía a túa consola ou videoxogos sen ningún custo para ti,

e ao final, os nenos terán que seguir loitando contra o “bichiño”, como eles o chaman, pero se pode ser cun sorriso, todo irá mellor.

Un día, Mónica dálle unha Play que xa non usaba a un neno enfermo de cancro.

O neno sorrí durante horas e é capaz de contaxiar a súa ilusión todos.

A partir de aí nace un gran proxecto cargado de ilusión.

Así nace tamén a idea que sostén todo, algo moi simple que todos podemos imaxinarnos e que alguén pon por escrito…

www.juegaterapia.org

VÍDEO Juegaterapia 1

VÍDEO Juegaterapia 2

Grazas.

Os comentarios están pechados.