ANPA

Ben-Cho-Shey

Que fago para que o meu fillo lea?

Aproveitando a proximidade ao 23 de abril, “Día Internacional do Libro”, queremos darvos os…

DEZ CONSELLOS PARA QUE OS NENOS LEAN

 comic, leer, cuento, lectura, libro,Estas son  algunhas recomendacións para que os máis pequenos da casa se afeccionen á lectura.:

1.- Ser constantes todos os días. Buscar un momemnto relaxado do día para ler.

2.- É moi importante axudar os nenos a organizar o seu tempo e tamén organizar a súa biblioteca.

3.- Temos que dar exemplo, os adultos somos un modelo de lectura para nenos , que moitas veces nos imitan. Temos que ler polo tanto diante deles.

4.- Hai que estar atentos os gustos do neno e respetalos, así coma observar como evolucionan estes.

5.- Debemos escoitar as preguntas dos nenos, nelas está a clave para aprender sobre os seus gustos e motivacións.

6.- Estimular e alentar calquera situación pode proporcionar motivos para chegar aos libros. Deixa sempre os libros ao alcance dos nenos.

7.- Acompaña ao neno na sua lectura, o teu apoio é necesario en todas as idades. Non deixes só o neno cando aparentemente sabe ler.

8.- Propoñer, non impoñer. Hai que evitar tratar a lectura como unha obriga.

9.- O hábito da lectura contáxiase lendo xunto aos nenos, compárteo!

10.-Pedir consello, é importante pedir consello no colexio, as bibliotecas e as librarías sobre os libros máis axeitados para cada neno e idade.








Os comentarios están pechados.