Cantas horas de sono necesita un neno?
Durmir ben e imprescindible para un axeitado crecemento físico e desenvolvemento neurolóxico e emocional dos nosos fillos, e facelo de forma correcta e un hábito que se aprende dos pais.
Un bo sono mellora a memoria e a concentración, debido a que o descanso permite que o cerebro organice mellor os datos e poida concentrarse nas actividades a realizar. Durante o sono sucede un proceso chamado consolidación da memoria.
A fase REM do sono (sono profundo) é onde se secreta a famosa hormona de crecemento, polo que durmir ben axúdanos a ter un axeitado crecemento.
Durmir é o tempo que utiliza o teu corpo para reparar o dano causado durante o día. As células producen proteínas mentres durmes. Estas moléculas proteínicas forman os elementos fundamentais que permiten ás células a reparación dos danos.
Un bo sono nocturno faite sentir con máis enerxía ao día seguinte.
Unha mellor calidade do sono axudarache a recordar e procesar mellor as cousas
É moi importante ensinar os nosos fillos a durmir, estar tranquilos e transmitir seguridade ao facelo é fundamental:
1.- Establece unha rutina antes de ir a durmir: luces
baixas, música suave, lectura dun conto.
2.- Evita a TV e os xogos moi estimulantes antes de ir a durmir.
3.- Podes utilizar obxetos do neno para que durman con eles (peluches…).
4.- O ambiente debe de ser silencioso, seguro e cunha temperatura axeitada.
5.- Mantén un horario regular para deitarse e espertar.
Durmir correctamente axuda ao corpo á súa reparación