ANPA

Ben-Cho-Shey

1ª EXPOSICIÓN “Interpretando a Miró”

IMAGEN-Primeira exposición, interpretando a MiróOs alumnos de expresión artística do CEIP Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar inauguran o próximo 21 de marzo a primeira exposición colectiva do centro. Unha mostra aberta ao público que recolle un total de doce obras nas que os nenos e nenas traballaron ao longo do curso e que reflicten a súa particular e creativa mirada sobre a obra de Joan Miró.

DÍA:   Venres 21 de marzo
HORA:   17:30 a 18:30
LUGAR:   Colexio Ben Cho Shey (Pereiro de Aguiar)
 ENTRADA LIBRE

dibujar, pintar, acuarela,Nun ambiente festivo, acompañado con pinchos e emulando unha exposición profesional, os organizadores da actividade, o ANPA do centro e Ada Adriana García, licenciada en Belas Artes e titora do curso de expresión artística, inaugurarán a I Primeira Exposición Colectiva “Interpretando a Miró”.
Adíe Adriana destaca que a arte para os nenos significa un medio de expresión que realizan naturalmente e en forma de xogo “Este proxecto didáctico- sinala– axuda aos máis pequenos no desenvolvemento da súa psicomotricidade, coordinación visual e manual. O principio básico é a liberdade e espontaneidade para manifestarse creativa e orixinalmente”

Os alumnos de expresión artística levan traballando dende xaneiro neste proxecto no que a profesora lles deu a opción de elixir un cadro deste artista para que cada alumno realizase unha interpretación individual. Eles mesmos elixiron a obra, fixeron bosquexos, elixiron as cores a utilizar (con iso repasaban todo o traballo dende outubro a decembro, que consistiu en entender a cor, buscar os seus tons, facer mesturas e composicións… en definitiva intentar entender a maxia da cor). Despois cada alumno nun lenzo individual, elixiu técnica e con axuda da profe á hora de seguir os pasos, chegaron ás interpretacións que agora queren compartir convosco.

“non hai mellor impulso para serguir traballando, que a túa familia, amigos, profes (en definitiva, os teus refererentesadultos) se interesen polo que fai e vexan que é algo importante para ti”.

A exposición só poderá este venres 21 de marzo,  e estarán presentes os protagonistas vestidos coas súas mellores galas e dispostos a explicar as súas interpretacións.

Queremos facelos sentirse importantes, así que a idea é facer un acto que pareza “profesional”: con convite, pinchos, bebidas…

Os comentarios están pechados.