ANPA

Ben-Cho-Shey

Protocolo para a prevención do absentismo escolar

Ausentismo escolarRESUMO DO PROTOCOLO EDUCATIVO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR

(Instrucción do 31 de xaneiro de 2014 da D.X. de Educación)

Web_Rampa1 01bCONCEPTOS:

ABSENTISMO: Ausencia ao centro escolar sen causa debidamente xustidicado do alumnado en idade de escolarización obrigatoria un mínimo do 10% do horario lectivo mensual (aproximadamente 2 días completos ou 10 horas lectivas)

FALTA DE ASISTENCIA: Non presenza dun alumno/a nunha sesión completa de clase sin xustificar.

FALTA XUSTIFICABLE:

-Citacións que impliquen un deber inexcusable, sendo xustificable o tempo necesario.

-Morte ou enfemidade grave dun familiar de primeiro ou segundo grao (pai/nai, irmáns, avos)

-Tramitación de documentos oficiais (DNI, Pasaporte,…)

-Indisposición (máximo 2 días lectivos)

-Enfermidade (tempo da prescripción médica)

-Circunstacias excepcionais a valorar pola dirección do centro.

CONTROL DA ASISTENCIA A CLASE E REXISTRO DE AUSENCIAS

Diariamente se introducirán polo profesorado correspondente as faltas de asistencia do alumnado no programa XADE da Consellaría de Educación.

A xustificación das faltas entregaranse ao profesor/a titor/a e serán válidos:

-Xustificante médico

-Documento acreditativo do deber inexcusable, morte dun parente,….

-Calquera outro documento que xustifique a ausencia

(estas xustificacións introduciranse no programa XADE)

-O profesorado titor comunicaralle aos país,nais, ou titores legais, dentro dos primeiros días de cada mes, as faltas do mes anterior diferenciando as xustificadas das non xustificadas.

-Cando as faltas de asistencia a clase presenten dificultades para a súa xustificación ou cando se incremente de forma significatifa o número de faltas sen xustificar, o profesorado titor convocará á nai, pai ou titor/a legal a unha reunión da que se tomará acta, coa finalidade de analizar a situación que se está a producir e tratar de corrixila.

EXPEDIENTE DE ABSENTISMO

 

Que é?: conxunto de documentos nos que se recollen as actuación derivadas da aplicación deste protocolo.

INICIO DO EXPEDIENTE

Iniciarase cando o profesorado titor verifique que un alumno/a presenta un número de faltas de asistencia a clase sen xustificar superior ao dez por cento do horario lectivo dun mes e llo propoña á xefatura de estudos co visto e prace da dirección. Este expediente terá que iniciarse como máximo aos sete días naturais en que as faltas sen xustificar superen o dez por cento do horario mensual e levantarase acta deste feito.

TRAMITACIÓN:

1.-activado o protocolo a xefatura de estudios recolle información de todos os profesionais que realizan algunha actuación e rexistrara os contactos.

2.-o profesorado titor convoca á nai, pai ou titor/a legal do alumnado a unha entrevista para analizar e resolver a situación, levantará acta.

3.-se coa entrevista anterior se reconduce a situación arquivase o expediente.

4.-o/a titor/a informa á xefatura de estudos do resultado da entrevista, se non se produce o arquivo do expediente, a xefatura de estudos convocara á nai, pai ou titor/a legal para voltar a intertar reconducir o problema, levantará acta.

5.-a xefatura de estudios cubrirá un rexistro do cumprimento das distintas actuación establecidas no expediente.

6.-de non arquivarse o expediente a dirección do centro notificaralle no prazo de trinta días desde o inicio do expediente a situación tanto á inspección educativa como ao concello de residencia do/a alumno/a achegandolles a listaxe de faltas de asistencia non xustificadas e o rexistro de cumprimento das actuacións e dos prazos nas que se desenvolveron.

NOTIFICACIÓN DOS INDICIOS DE DESPROTECCIÓN

Con independencia deste protocolo, en calquera momento no que o profesorado aprecie indicios de desprotección dun alumno ou dunnha alumna deberá poñelo inmediatamente en coñecemento do concello de residencia do mesmo ou ben a través do rexistro unificado de maltrato infantil.

Os comentarios están pechados.