ANPA

Ben-Cho-Shey

XADREZ, algo mais que un xogo

Ajedrez, xadrez, xardín,Cada vez máis colexios plantean o xadrez como deporte intelectual, actividade extraescolar ou, incluso, como materia obrigatoria.

IMAGEN-Gif-Ajedrez 02Pero máis aló de ser un xogo, o xadrez é unha disciplina na que nais, pais, profesorado, especialistas e alumnado están dacordo en que xenera inimaxinables beneficios, tanto a nivel académico, como do propio desenvolvemento persoal ou de socialización cos demáis. Como se valora dende os propios centros escolares, “É outra forma de que os cativos traballen a lóxica, o razoamento, a toma de turnos, a estratexia ou a resolución de problemas…” Por todo ilo, consideramos que a práctica do xadrez por parte dos nosos fillos e fillas engade un valor máis (e moi significativo) a súa semana lectiva. ¿Interésache saber máis sobre o xadrez, e cómo beneficia ás persoas que o practican? Pois sigue lendo…

O xadrez como ferramenta para ensinar a pensar.

Iste éo título dundosestudosclásicos emáiscoñecidos sobre o tema do xadrez e o ensino. A investigación foi desenvolvida no Departamento de Psicoloxía da Universidade Estatal de Menphis no ano 1987 e axudou a coñecer as posibilidades que o xadrez brinda no desenvolvemento dalgunhas habililades cognitivas nos nenos e nenas. O título define moi ben o traballo realizado: no consiste en aprender a xogar ao xadrez e seguir a xogar, sen mais, se non en empregar as vantaxes que iste pode aportar polas súas características. En concreto, a constante toma de decisións que se fai e a súa análise pode ser empregada para “ensinar a pensar”

Os beneficios da práctica do xadrez.

O xadrez pode ser practicado con un ou varios obxectivos, como son:

  • Diversión e lecer
  • Competición
  • Melloramento da concentración, a memoria e a creatividade
  • Complemento á educación e formación de nen@s e xóvenes.

Pero independentemente dos obxectivos cos que as persoas practican o xadrez, a éste se lle recoñeceron múltiples beneficios nas áreas do desenvolvemento da capacidade intelectual e das habilidades da intelixencia emocional. “O xadrez é un xogo por a súa forma, un arte por o seu contido e unha ciencia por a dificultade de gañar maestría nel”.- Tigran Petrosian (campión mundial do xadrez de 1963 a 1969) Moitos destes beneficos foron aprobados en diversas investigacións realizadas en varios países nas últimas décadas. Os beneficios do xadrez manifestáronse tamén como unha mellora no rendimento escolar da malloría das persoas que o practicaron. De seguido presentamos un resumo dos  beneficios da práctica do xadrez, fundamentado nas conclusións de diversas investigacións recoñecidas: Atención e concentración: esta é unha das capacidades que máis rápidamente desenvolve o xadrez. O desenvolvemento dunha partida pode ser arduo, con múltiples alternativas e ter unha duración importante. A persoa axedrecista debe manter un altísimo grado de atención e concentración durante a mesma. Este melloramento na capacidade de concentración chégase a manifestar tamén noutras áreas de desempeño persoal. Análise e síntese: Durante a partida de xadrez, a persoa enfréntase en cada xogada a múltiples alternativas e á necesidade de contestar á amenaza da outra persoa xogadora. Elo fai que deba analizar múltiples alternativas de resposta e sintetizar cal é a máis axeitada, desenvolvendo tamén o pensamento crítico. Memoria: Dada a multiplicidade de alternativas para cada xogada, e ao relativo curto tempo para escoller a mellor resposta, a memoria é unha aliada moi importante na partida do xadrez. Moitas das respostas poden basearse na experiencia ou o coñecemento de posición similares xogadas ou estudadas noutras partidas. Resolución de problemas e toma de decisións baixo presión: Durante a partida, a persoa enfronta diferentes problemas para os que debe definir e aplicar unha estratexia de solución. Como o tempo é un factor limitante nas partidas de xadrez deben tamén tomarse importantes decisións sobre a estratexia a seguir baixo a presión do tempo. “O xadrez é algo máis que un xogo; é unha diversión intelectual que ten algo de arte e moito de ciencia e é, ademáis, un medio de achegamento social e intelectual”.- José Raul Capablanca (campión mundial do xadrez entre 1921 e 1927, apodado como “.- o Mozart do xadrez” e “a máquina do xadrez”) Creatividade e imaxinación: Non é suficiente con respostar ás xogadas da persoa opoñente ou tratar de seguir patróns de xogadas practicadas ou estudadas previamente. Para acadar ventaxas claras sobre a persoa adversaria, faise importante imaxinar posicións distintas á que esté presente no taboleiro e definir estratexias que permitan chegar a ellas. O razonamento lóxico-matemático: O tipo de razonamento empregado no xadrez é similar ao empregado nas matemáticas. Algunhas investigacións amosaron unha importante correlación entre a práctica do xadrez e o melloramento das habilidades lóxicomatemáticas en nenos e adolescentes.

Os comentarios están pechados.