ANPA

Ben-Cho-Shey

Por que imos fomentar a música no BChSh?

musica, saxo,POR QUE IMOS FOMENTAR A MÚSICA NO BEN-CHO-SHEY? 

Moito se fala dos beneficios da música coma relaxante tanto para adultos como para o alumnado ( a música amansa ás fieras, non si?). Pero hai moito máis, porque a música favorece á xente máis nova na área intelectual, auditiva, sensorial, motriz, enriquece os seus mecanismos de linguaxe, a súa socialización e aumenta a     autoestima. Outros beneficios da música, amosados en diferentes estudios neurobiolóxicos, teñen que ver coa súa influenza sobre o cerebro. Actividades como ler unha partitura ou tocar un isntrumento activan o crecemento da rede neuronal. A música potencia a capacidade lóxica e de análise dos nenos e nenas, ademáis da súa creatividade, grazas a que estimula as conexión cerebrais. Estas conexión quedan “construidas” de por vida, enriquecendo as capacidades superiores dos nosos fillos e fillas.

A saber, 

  • A música favorece o desenvolvemento da lóxica: A música é unha construcción matemática, polo que favorece o desenvolvemento da concentración, a memoria e a lóxica. Fomenta o interese e o éxito nas matemáticas e todo tipo de razonamento ordenado. es una construcción musica, notas, pentagrama,matemática, por lo que favorece el desarrollo de la concentración, memoria y lógica; fomentando el interés y el éxito en las matemáticas y todo tipo de razonamiento ordenado. A influenza da música dende os primeiros anos de vida axuda a desenvolver a parte lóxica do cerebro, dándolle ao alumnado habilidades pa evaluar situación e proponer solucións rápidamente.
  • Favorece a pronunciación e a expresión corporal: a interpretación de cancións infantís en nenos e nenas motívalles a repetir rimas e facer xestos, practicando a linguaxe, a súa correcta aplicación e facendo movementos que favorecen a coordinación e o equilibrio. banda, musica, orquesta
  • Estimula a creatividade: a música fai que sexan maís sensibles a calquera tipo de arte que logo poda manifestarse na pintura, na danza, na literatura, etc.
  • A música favorece as relacións sociais: Ofréceselle ás nenas e nenos outra forma máis de expresarse que é contaxiosa, divertida e amistosa, o cal lle da unha maneira máis de integrarse na sociedade. Ao estar en contacto coa música, síntense felices porque atraen persoas coas que comparten a súa música, cancións, bailes…, brindándolles unha relación armoniosa que os enche de seguridade, confianza, e favorece a empatía e a tolerancia.

CÓMO PERCIBEN OS NOSOS FILLOS E FILLAS A MÚSICA

  • O primeiro paso da aprendizaxe musical é o “Sensorial” que dura ata os tres anos. Disfruta dos sons e as armonías, recoñece e explora contrastes claros nos niveis de intensidade, altura, timbre e duración. 
  • Aos catro anos cambia cara un modelo “Manipulativo” É capaz de recoñecer os sons polo tipo de instrumento (golpe do tambor, aire nos instrumentos de vento) e o pracer está en controlar estes sons.
  • De catro a seis anos chégase á etapa de “Imitación”, o cativo comunica, interpreta e crea sons máis expresivos.
  • De sete a nove anos xa pode seguir formas máis ordenadas e comezar a tocar un instrumento propiamente dito, ler escalas musicais e producir sons placenteros para calquera oído.flauta, musica, entretener, ocio,

Que é iso da Intelixencia Musical?

Chámase Intelixencia Musical á facilidade que ten unha persoa para identificar diversos sons e percibr os seus elementos (intensidade, direción, tono, timbre e frecuencia), así como a capacidade de distinguir un son entre outros á vez.

As persoas que desenvolven a súa intelixencia musical acadan unha alta capacidade de atención e concentración, son capaces de identificar un son ou peza musical dende as súas primeiras notas e reproducilas respectando as súas cualidades sonoras sen dificultade. Tamén é capaz de conceptualizar o sentido dunha melodía así como combinar os seus elementos, de forma concreta ou imaxinaria, creando novas formas musicais.

E para rematar, dende a ANPA pretendemos achegar as actividades que interesan ás familias evitando no posible o seu desplazamento a Ourense, minimizando así costes de tempo e diñeiro. Pensamos que, co tempo, o noso colexio pode chegar a facerse coa súa propia Escola de Música. Queremos que, no posible, os nosos nenos e nenas teñan a oportunidade de decantarse por este tipo de actividade, axudándolles a descubrirse a sí mesmos (quen sabe?) como fonte de talento e de brillantez.

Os comentarios están pechados.