ANPA

Ben-Cho-Shey

Diabete Infantil: Exposición de Debuxos e Conferencia

Dende diabetesenlared.blogspot.com, estamos a facer unha campaña de difusión sobre a diabete infantil. Queremos ser quen de motivar á xente para promover a educación e informar a pacientes e familias para axudar na medida do posible … queremos que na medida do posible os usuarios teñan ó seu alcance apoio e recursos.

Tras a presentación do blogue, ahora ven a campaña de rúa… inicialmente para darnos a coñecer , e facer accesible á cidadanía a nosa labor, organizamos unha exposición cos debuxos do concurso A VIDA É DOCE, no CHUO, que será inaugurada o vindeiro dia 2 de abril, e permanecerá nel todo o mes.

Ademais, o xoves 4 de abril no Centro Cultural Marcos Valcárcel (o Simeón) temos prevista unha conferencia sobre o mesmo tema a cargo  do Dr. Pablo Fariña e a Educadora Mercedes García Penelas, co gallo de dar a coñecera enfermidade e promover iniciativas que podan axudarnos a todos.

Todas as nosas aportacións, así como as dos colaboradores son altruistas, así que podedes contar connosco para o que vos podamos axudar, sen custe para os pacientes…

Estades todos invitados a acudir…. a promover…..a patrocinar….. e a difundir.

Imágenes integradas 1

Imágenes integradas 2

Os comentarios están pechados.