ANPA

Ben-Cho-Shey

Por que Ben-Cho-Shey?

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Foi un escritor e profesor galego nacido en Ourense o 5 de abril de 1896 e morreu en Madrid o 2 de maio de 1988.
Tras estudar maxisterio en Madrid, traballou como mestre en distintas localidades de Galicia.

Colaborou en importantes revistas e numerosos xornais galegos. Ao longo da súa vida sempre tivo presentes a defensa de Galicia e a súa lingua, mesmo en Madrid.

Xunto a Ramón Cabanillas presidiu o Grupo Castelao de mozos universitarios en Madrid.

.

Foi destinado a Marrocos onde adoptou o seudónimo de Ben-Cho-Shey para asinar as crónicas de guerra que enviaba ao diario ourensán La Zarpa no ano 1922.

A finais dos anos 20 viaxou por Francia, Bélxica e Holanda para perfeccionar a súa formación pedagóxica. Alí apreciou a realidade socio-lingüística daqueles países, o que o levou a reflexionar sobre a necesidade da presenza da lingua galega no ensino primario.

En 1928 ingresou no Seminario de Estudos Galegos e foi presidente do Partido Galeguista en Lugo.

A Real Academia Galega nomeouno membro en 1943.

Despois da Guerra Civil viviu en Madrid. Desde alí impulsou numerosas iniciativas culturais a prol de Galiza. Participou activamente no Centro Galego daquela cidade mesmo impartindo conferencias en lingua galega, actitude insólita naquel tempo.

No 1981 foi nomeado membro de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega.

Obra en galego

ENSAIO

O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, 1930 (en colaboración con Xosé Filgueira Valverde).

Arturo Vázquez Núñez e o seu tempo, 1952, Edicións Monterrei.

Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensán (1925-1935), 1968, Edicións Castrelos.

Catón galego, 1969 (escrito na súa maior parte en 1936).

Galicia no corazón, 1977, Edicións do Castro (escolma de artigos).

O barallete, 1977, Edicións Castrelos.

Escudos de Lugo, 1979, Celta.

O entroido en Galicia, 1986, La Región.

POESÍA

Berzas, 1953.

A ducia do frade, 1966.

NARRATIVA

Andrómenas, 1954.

Contos do fiadeiro, 1973.

Os comentarios están pechados.