ANPA

Ben-Cho-Shey

Resumen da reunión de maio de 2012 coa Xefa Territorial

1 comentario

REUNIÓN COA XEFA TERRITORIAL DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN
O pasado venres 25 de maio de 2012 as 9:30 horas, celebrouse unha reunión da Xefa
territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, con
representantes da comunidade escolar do colexio Ben-Cho-Shey, formados polo propio
Director do centro, un representante do Concello, e dous pais do ANPA, para tratar os
seguintes puntos:
• Estudo de modificación do horario escolar do colexio.
A instancia do Consello Escolar, solicitouse por escrito á Xunta de Galicia, o estudo e alternativas para a modificación do horario escolar do colexio.
A Consellería de Educación, informa que debido á imposibilidade, por razóns económicas, de
modificación das rutas de autobuses, non é viable o cambio do horario escolar actual do colexio
• Situación actual da tramitación por parte da Xunta de Galicia, das obras de ampliación e
mellora do colexio
A Consellería de Educación informa que o inicio das obras de ampliación e mellora do colexio
comprometidas pola Xunta de Galicia, se atrasarán (íanse comezar a principios do verán) polo menos, ata o mes de outubro ou novembro, polo que a súa execución, coincidirá co inicio do curso.
• Número de unidades educativas para o próximo curso escolar.
O Director do colexio informa, do número de matrículas actual por cada ciclo educativo,
solicitándose en función do dito número de matrículas, o mantemento das 5 unidades educativas de infantil e a creación dunha nova unidade de primaria (1º curso desdóbrase polo número de alumnos), cun total de 7 unidades de primaria. Así mesmo, infórmase da existencia para o próximo curso, de suficientes aulas para as devanditas unidades (5+7), así como, o apoio de toda a comunidade educativa do colexio para evitar o próximo curso, a creación novamente dunha aula mixta en educación infantil (grupo con distintas idades)
A Consellería de Educación informa que para o próximo curso non se pode comprometer o
mantemento das 5 unidades de infantil, non descartándose a supresión dunha unidade, e a creación dunha aula mixta. Así mesmo, confirma o desdobramento do 1º curso de primaria, debido ao número
de alumnos, polo que o número de unidades de primaria para o próximo curso será de 7 (este ano 6)
Así mesmo, a instancia do ANPA, o colexio solicitará que o novo profes@r a incorporar ao novo curso de 1º de primaria, teña perfil de inglés, para a creación nun futuro, dunha sección bilingüe.

Por último, a preguntas do ANPA en relación coa ampliación da concertación para o próximo curso de dúas novas unidades nos colexios privados de Guillelme Brown e Miraflores, a Consellería de Educación confirma que o Guillelme Brown dispoñerá o próximo curso de 3 aulas (1º, 2º e 3º) de educación infantil concertadas e o Miraflores dous de infantil (1º e 2º), cun custo total aproximado de 250.000 €.

One thought on “Resumen da reunión de maio de 2012 coa Xefa Territorial

  1. Que pena non hai cartos para nada que teña que ver coa escola pública pero si para concertar o privado.