ANPA

Ben-Cho-Shey

Día do libro na Biblioteca de Pereiro de Aguiar

¡¡Achégate ata a Biblioteca Municipal entre o 23 e o 27 de abril para que os cativos viaxen a novos mundos…!!

Con motivo da celebración do día do libro, o vindeiro 23 de abril, e tendo como obxectivo principal fomentar a lectura entre os nosos cativos, a próxima semana na Biblioteca Municipal terán lugar distintas sesións de contacontos, a partir das 18.15h.

Un conto cada día da semana, unha historia que os nenos e as nenas que asistan poderán escoitar e ilustrar, e así acercarse á imaxinación e a novos mundos a través de diferentes relatos. Comezamos a semana con “Moncho e a Mancha” ; as bágoas de “Macario dromedario”, acompañarannos  o martes;  as aventuras de “Cocorico” quedan reservadas para o mércores;  “O dragón comemedo” chega á biblioteca o xoves; e, rematamos  estas sesións con “Fiz, o coleccionista de medos” que se quedará cos medos de todos os pequenos.


http://bibliopereiro.wordpress.com/

Os comentarios están pechados.