ANPA

Ben-Cho-Shey

Día do Libro no BChSh 2012

Semana do 23 ó 27 de abril

 Conmemoración do Día Internacional do Libro 2012

ACTIVIDADES DA ANPA PARA O DÍA DO LIBRO

 Un ano máis dende a Anpa do CEIP Ben-Cho Shey gustaríanos poder participar de forma activa no proceso de ensino dos nosos fillos e fillas, propondo unha serie de actividades como  conmemoración do Día do Libro 2012.

Os principais obxectivos son:

 ☻Fomentar lazos sólidos entre todos os membros da comunidade educativa: profesorado-alumnado-pais. Concienciando a todas as  partes do beneficio que pode obterse dunha colaboración conxunta.

 ☻Realizar actividades que permitan ao alumnado disfrutar do hábito da lectura, nun contexto coñecido (a escola), pero dun xeito distinto, rompendo a rutina e promovendo actividades nun ambiente lúdico e de lecer.

ACTIVIDADES

NAIS E PAIS CONTACONTOS 2012

 Dado ó éxito acadado nas edicións anteriores,  gustaríamos repetir esta actividade tamén para o presente curso.

 Destinatarios

Dirixida ao alumnado de EDUCACIÓN INFANTIL (4º-5º e 6º de E.I.)

Descripción

-Os pais voluntarios acudirán a cada clase de E. I. a ler un conto corto.

Temporización

 -Esta actividade realizaríase durante tódolos días da semana do 23 ó 27 de abril,  acordando os horarios co profesorado responsable.

P@IS Á ESCENA

Destinatarios

Dirixida ao alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA (1º-2º-3º-4º-5º e 6º de E.P.)

Descripción

Trátase da representación dunha breve historia diante do alumnado, dividido en ciclos, na que os actores serán pais dos propios alumnos. A identidade dos actores será, dentro do posible “sorpresa”

Temporización

 -Durante a semana do 23 ó 27 de abril.

 -Preténdese que se poida realizar unha representación en cada ciclo de primaria, pero dependerá dos actores voluntarios que se presenten.

 -A concreción horaria farase de mutuo acordo entre os monitores e os titores de cada curso co fin de alterar o menos posible o funcionamento habitual das clases.

¿ TI… DE QUE TRABALLAS ?

Destinatarios

Dirixida ao alumnado de EDUCACIÓN PRIMARIA (1º-2º-3º-4º-5º e 6º de E.P.)

Descripción

A finalidade perseguida é a de achegar ao alumnado a realidade que viven os seus proxenitores, dando a coñecer as súas profesións, mediante sesións curtas nas que se faga un resumo do seu desempeño laboral, así como das aptitudes/actitudes necesarias para levar a cabo ese traballo. A idea a salientar é que calquera dos traballos son importantes e requiren de esforzo e de interese para o seu bo desenvolvemento.

Temporización

-Durante a segunda quincena do mes de abril.

II CONCURSO LITERARIO BEN CHO SHEY

Temática:

Aproveitando a importante cita deportiva para este 2012, como son os Xogos Olímpicos Londres 2012, e sendo coñecedores do gusto polo deporte na maioria dos nosos rapaces, pensamos que este podería ser unha boa fonte de inspiración para os traballos do alumnado. Ademáis, invitamos a que os traballos podan ser elaborados tamén en inglés, coa axuda se cadra do profesorado especializado.

Destinatarios

O alumnado de PRIMARIA

 Descripción

1.      CONCURSO DE  MARCAPÁXINAS.

 Destinado ao alumnado de 1º e 2º de primaria

 Deberán deseñar un marcapáxinas que se poderá acompañar dunha frase tipo eslogan, relacionada coa temática que nos ocupa: o fomento da lectura e/ou o deporte.

O marcapáxinas gañador regalarase a todo o alumnado, xunto cun libro (estamos a traballar para que sexa posible ter un libro para cada nen@, igual que nos cursos pasados; os libros doados exporanse no recibidor do colexio durante toda a semana do 23 ó 27)

 2.      CONCURSO DE CONTOS CORTOS OU POEMAS

Destinado ao alumnado de 3º, 4º e 5º de primaria.

Poderán elixir entre a redacción dun conto corto ou un poema relacionados co tema elixido para este 2012: o deporte. O idioma pode ser calquera dos que se traballan na escola: galego, castelán ou inglés.

  3.      CONCURSO DE COMICS

Destinado ao alumnado de 6º de primaria

Deberán elaborar un cómic relacionado co tema elixido para este 2012: o deporte. O idioma pode ser calquera dos que se traballan na escola: galego, castelán ou inglés.

Ademáis do recoñecemento e premio dos traballos finalistas e gañadores, a intención da Anpa, é publicar un soporte dixital recopilatorio no que aparezcan tódolos traballos presentados ó concurso, e repartir un exemplar para cada familia a finais do curso.

Organización espacio/temporal

Gustaríanos que o carácter desta actividade fose voluntario, pero que estivera potenciado dende a aula, é dicir que o alumnado puideran traballalo (a lo menos no seu inicio) dentro do horario escolar, e que se lle dera pulo á suá  participación neste tipo de actividades; pensamos que o ámbito de traballo corresponde a  asignaturas como artes plásticas e as diversas línguas.

Os propios titores farían una primeira selección dos 5 mellores traballos de cada aula. E a partir de ahí un xurado formado por pais en nais elixirán o traballo gañador para cada curso.

A data tope de presentación de traballos sería o martes día 17 de abril.

De antemán queremos agradecer a todo o claustro de profesores a colaboración que de ben seguro ides prestar para a realización deste proxecto. Esto é de gran importancia xa que a vosa influencia e motivación favorecerá a participación de nenos e nenas. Moitas grazas.

 Anpa do Ceip Ben Cho Shey

 BASES PARA O CONCURSO LITERARIO 2012

Temática: Aproveitando a celebración dos Xogos Olímpicos, a temática elixida para o II Concurso Literario Ben-Cho-Shey será O DEPORTE, poidendo elaborarse os traballos en lingua galega,castelá ou inglesa.

 CONCURSO MARCAPÁXINAS (1º -2º PRIMARIA)

Os únicos requisitos que hai que considerar son:

  • Que o marcapáxinas non sobrepase dos 22 centímetros de alto
  • Que o marcapáxinas leve escrita unha frase corta, tipo eslogan relacionado coa temática do concurso: O deporte.

O prazo de entrega dos marcapáxinas a concurso concluirá o viendeiro 17 de abril.

 CONCURSO DE CONTOS/POESÍA BREVE (3º-4º PRIMARIA)

 Como requisito, fíxase unha extensión máxima de 20 versos no caso da poesía e unha cara de folio no de contos breves.

 O prazo de entrega das composicións a concurso concluirá o viendeiro 17 de abril.

 CONCURSO DE COMICS (5º-6º PRIMARIA)

 Presentaranse en papel, cartulina ou cartón, tamaño folio, debuxados e escritos a man con técnica libre.

 A extensión será dun máximo de dous folios (papel, cartulina ou cartón).

O prazo de entrega das composicións a concurso concluirá o viendeiro 17 de abril.

Os comentarios están pechados.