ANPA

Ben-Cho-Shey

Galego de Cine

Destinada a: 20 nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.
Día: VENRES 30  MARZO 
Hora:  17 a 20H
Lugar:  RECINTO EXTERIOR DO COLEXIO BENCHOSEI 

Galego de Cine é unha actividade pertencente ao programa de dinamización lingüística FalaRedes, da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia

Baséase na visión e no traballo con diferentes contidos audiovisuais en galego a través dos cales os nenos e as nenas participantes chegarán a construír o seu propio conto. Isto completarase cun vídeo-matón que lles permitirá aos rapaces gravar o conto inventado durante o desenvolvemento da actividade.

METODOLOXÍA:

Duración de 3 horas

– Visión do filme.

– Actividade de comprensión do filme.

– Confección dun conto orixinal.

– Fase de vídeo-matón.

A reserva de praza farase por estrita orde de inscripción  sendo a data límite o 30 de marzo, e podédelo facer directamente na Biblioteca ou ben no teléfono de contacto 988.25.98.39. 

Para máis información podedes chamar ó teléfono 988.25.98.39 (Biblioteca Pública) ou escribir un correo electrónico a cultura@concellopereiro.com

Os comentarios están pechados.