ANPA

Ben-Cho-Shey

A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ANUNCIA A AMPLIACIÓN DO COLEXIO

2 Comentarios

A Consellería de Educación mediante un comunicado de prensa, anunciou o pasado mercoles 5 de outubro, a inclusión dunha partida orzamentaria de 200.000 euros para a ampliación do noso colexio para o ano 2.012.

Non obstante, O ANPA do colexio público Ben-Cho-Shey, continuarán coas accións reivindicativas en defensa dos seus lexítimos dereitos, en tanto, non exista un compromiso firme e por escrito, da inclusión dunha partida no proxecto de presupostos da Xunta de Galicia para o ano 2.012, para licitar o proxecto e as obras de ampliación e melloras do colexio Ben-Cho-Shey, así como, o compromiso de que as devanditas obras se finalicen antes do inicio do curso 2.012-2.013.

Por último, a Comunidade Educativa do colexio público Ben-Cho-Shey, seguirá reclamando insistentemente, unha igualdade de oportunidades e non discriminación, entre o ensino público e privado en Pereiro de Aguiar, así como, unha educación pública e gratuíta de calidade, independentemente das condicións sociais, económicas ou outras circunstancias, dos alumn@s.

2 thoughts on “A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN ANUNCIA A AMPLIACIÓN DO COLEXIO

  1. A ver si o cumpren!!! Moita sorte!!!

  2. A ver si se consigue algo…
    ¡¡Suerte a todos!!